Almudena Fernández Fariña, nada en Vigo o 20 de outubro de 1970, é unha artista plástica abstracta e profesora universitaria galega.
Traxectoria Fixo a licenciatura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra da Universidade de Vigo e doutorouse na Facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca. Foi alumna de Rafael Canogar.
É profesora na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.
Teñen obra súa, entre outras, as seguintes institucións: Concello de Tui, Fundación Caja Madrid, Colección Afundación, Deputación de Pontevedra, Universidade de Santiago de Compostela, Universidade de Vigo, Concello de Madrid, Concello do Barco de Valdeorras, Concello de Hondarribia, Deputación da Coruña, Museo Provincial de Pontevedra, Consello de Contas de Galicia, Banco Gallego e Faro de Vigo.
En 2024 foi Premio da Crítica de Galicia.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Arte abstracta Ligazóns externas almudenafernandezfarinha.com . Afundación. Obra Social Abanca. Colección de Arte
Categoría:Pintores de Galicia do século XX Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1970 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Alumnos da Universidade de Vigo Categoría:Pintores de Galicia do século XXI Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Alumnos da Universidade de Salamanca Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes