Pablo Novoa, nado en Vigo o 14 de abril de 1961, é un músico multiinstrumentista e produtor discográfico galego que formou parte de diversos grupos como Golpes Bajos nos 80 ou La Marabunta nos 90 e colaborou con outros músicos como Nacho Mastretta, Josele Santiago ou Iván Ferreiro.
Traxectoria En 1983, entrou a formar parte do grupo vigués Golpes Bajos como guitarrista, no que estivo até a súa disolución en 1986. Non foi convidado polos dous membros fundadores do grupo (Germán Coppini e Teo Cardalda) para participar na segunda etapa do grupo entre 1997 e 1998.
En 1993 incorporouse ó grupo La Marabunta, no que participou até 1997.
Entre 1998 e 1999 foi responsable da dirección musical do programa Xabarín Club da TVG.
A partir de entón, dedicouse á produción e á colaboración con outros músicos, como Nacho Mastretta, Josele Santiago, Iván Ferreiro, Los Enemigos, Los Ronaldos, Julieta Venegas e Ketama, así como á composición de varias bandas sonoras, destacando a curtametraxe Pamela e o filme Incautos.
En 2003 publicou o seu primeiro disco en solitario, Novoa cruza el Atlántico, baixo o selo Subterfuge Records.Páxina de Pablo Novoa en MySpace.
En 2013 produce Enfermedades comunes, disco debut do grupo de pop punk vigués Paracetamol, editado en España por Rumble Records.Ficha de Paracetamol en La Fonoteca.
En 2014 publica xunto ó guitarrista Nono García o disco instrumental Radio Pesquera, editado da man de El Volcán.
Desde xaneiro de 2016 toca como guitarrista na banda que actúa en vivo, cada noite, no programa de televisión Late motiv de Andreu Buenafuente, que se emite en #0 de Movistar+.
En 2018 colabora e produce o disco tributo a Golpes Bajos de Iván Ferreiro, Cena recalentada, editado polo selo Warner Music Group.Entrevista a Iván Ferreiro en Mondosonoro.
Discografía Con Golpes Bajos Golpes bajos (Nuevos Medios, 1983). A santa compaña (Nuevos Medios, 1984). Devocionario (Nuevos Medios, 1985).
Con La Marabunta La Marabunta (BMG, 1993). Los cuentos de la Marabunta (1996). La vida en rebajas (1997).
Con Nono García Radio Pesquera (El Volcán, 2014).
Bandas sonoras Pamela (curtametraxe). Incautos (longametraxe). Só Concertinas (documental). Contrabando (documental).
Carreira en solitario Novoa cruza el Atlántico (Subterfuge Records, 2008).
Produción Garabatos, de Josele Santiago (Virgin, 2006) Loco Encontrao, de Josele Santiago (El Volcán, 2008) Lecciones de Vértigo, de Josele Santiago (El Volcán, 2011) Enfermedades comunes, de Paracetamol (Rumble Records, 2013). Cena recalentada, de Iván Ferreiro (Warner Music Group, 2018).
Notas
Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en 1961 Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes