José Campos Villar, nado no Campo Lameiro cara a 1870 e finado na Illa de San Simón o 27 de setembro de 1939, foi un comerciante, agrarista e político galego.
Traxectoria Fillo de Valentín Campos Barros. Agrarista, foi representante da Federación Agraria de Cambados-Caldas de Reis e alcalde do Campo Lameiro a principios dos anos vinte. Foi detido en outubro de 1924 acusado de desacato aos somatenistas do Campo Lameiro.El Pueblo Gallego, 5-10-1924, p. 7. Acusado de agresión ao secretario do concello Manuel Fernández González, foi detido en abril de 1929.El Progreso, 24-4-1929, p. 2.
Foi alcalde do Campo Lameiro en 1930. Na República foi elixido alcalde do Campo Lameiro. Militou en Acción Republicana.El País, 9-5-1933, p. 2. Foi destituído con toda a corporación en outubro de 1934.El Pueblo Gallego, 2-11-1934, p. 13. Integrouse en Izquierda Republicana e foi reposto como alcalde logo do triunfo da Fronte Popular nas eleccións de febreiro de 1936.El Pueblo Gallego, 4-3-1936, p. 13. O 8 de marzo de 1936 recibiu unha homenaxe popular no Campo Lameiro.El Pueblo Gallego, 12-3-1936, p. 12 Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en consello de guerra en Pontevedra por rebelión militar o 4 de febreiro de 1937 con Vicente Soto Martínez, Timoteo Blanco Abal, Adolfo Caeiro García e José Elías Silva Caneda.El Diario de Pontevedra, 4-2-1937, p. 2. Condenado a cadea perpetua, foi internado na Illa de San Simón onde morreu por neoplasia o 27 de setembro de 1939 con 66 anos.
Notas
Categoría:Personalidades do agrarismo Categoría:Alcaldes do Campo Lameiro Categoría:Alcaldes de Galicia durante a II República Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados no Campo Lameiro Categoría:Finados en 1939 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos