O estorniño pintoPenas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5. (Sturnus vulgaris) é unha ave paseriforme de mediano tamaño da familia Sturnidae. En Galicia é unha ave invernante moi numerosa e unha das dúas especies de estorniños do país; a outra é o estorniño negro. Mide uns 20 cm de longo e ten unha plumaxe negra brillante con reflexos metálicos, e ten pintas brancas en determinada época do ano. Ten patas rosas e peteiro negro en inverno e amarelo en verán; as aves xoves teñen unha plumaxe máis marrón que os adultos. É unha ave ruidosa, especialmente nos seus pousadeiros comunais e outras situacións gregarias, e a súa canción é variada pero non musical. A súa facultade de imitación vocal foi sinalada na literatura incluíndo obras como as de Plinio o Vello e William Shakespeare.

O estorniño pinto ten unha ducia de subespecies que se reproducen en hábitats abertos na súa área de distribución nativa na Europa temperada e oeste de Asia, e foi introducido en Australia, Nova Zelandia, o Canadá, os Estados Unidos, México, o Perú, a Arxentina, as illas Malvinas, o Brasil, Chile, o Uruguai, Suráfrica e Fiji.Long, John L. (1981). Introduced Birds of the World. Agricultural Protection Board of Western Australia. pp. 21–493 Esta ave é sedentaria no sur e oeste de Europa e suroeste de Asia, mentres que as poboacións do noroeste migran ao sur e ao oeste en inverno dentro da súa área de reprodución e tamén máis ao sur ata a Península Ibérica e o norte de África. Constrúe un niño pouco arranxado nunha cavidade natural ou artificial no cal pon catro ou cinco ovos azuis claros brillantes, os cales tardan dúas semanas en facer eclosión e os xoves permanecen no niño durante outras tres semanas. Normalmente fan un ou dous intentos de nidificar ao ano. Esta especie é omnívora e come unha ampla variedade de invertebrados e tamén sementes e froita. É cazado por varios mamíferos e aves de presa e é o hóspede de diversos parasitos externos e internos.

As grandes bandadas típicas desta especie poden ser beneficiosas para a agricultura ao controlaren as pragas de invertebrados; porén, os propios estorniños poden ser unha praga cando se alimentan de froitas e gromos de plantas agrícolas. Os estorniños pintos poden ser tamén unha molestia polo moito ruído e rebumbio que causan as grandes bandadas nos pousadeiros urbanos. En especial, as poboacións introducidas foron sometidas a diversas medidas de control, como matanzas selectivas, pero estas tiveron un éxito limitado excepto na prevención da colonización de Australia Occidental.

A especie sufriu un declive en partes do norte e oeste de Europa desde a década de 1980 debido aos poucos invertebrados de pradeira dispoñibles para a comida das crías. Malia todo, a súa enorme poboación global non está diminuíndo significativamente, polo que está clasificado pola IUCN cun status de "especie pouco preocupante".

Taxonomía e sistemática

O estorniño pinto foi descrito primeiramente por Carl von Linné na súa obra Systema Naturae en 1758 co seu actual nome binomial.Linnaeus (1758) p.167. Sturnus e vulgaris son palabras que en latín significan 'estorniño' e 'común', respectivamente.Jobling (2010) pp. 367, 405.

A familia dos estorniños, Sturnidae, é un grupo de aves totalmente do Vello Mundo exceptuadas as introducións realizadas noutros lugares, co maior número de especies no sueste asiático e a África subsahariana.Feare & Craig (1998) p. 13. O xénero Sturnus é polifilético e as relacións entre os seus membros non está totalmente resolta. O parente máis estreito do estorniño pinto é o estorniño negro. A especie non migratoria estorniño negro podería descender dunha poboación ancestral de S. vulgaris, que sobreviviu no refuxio do último máximo glacial da Península Ibérica durante a retirada da era glacial, e os estudos de xenes mitocondriais suxiren que podería ser considerado unha subespecie do estorniño pinto. Hai máis variación xenética entre as poboacións de estorniño pinto que entre o estorniño pinto nominal e o estorniño negro. Aínda que se coñecen restos do estorniño pinto desde o Plistoceno medio, parte do problema para resolver as relacións nos Sturnidae é a escaseza do rexistro fósil da familia no seu conxunto.

Subespecies

Existen varias subespecies do estorniño pinto, que varía clinalmente en tamaño e coloración da plumaxe adulta. A variación gradual no seu ámbito xeográfico e a extensa intergradación significa que a aceptación de varias subespecies varía entre as autoridades.

+ SubespeciesA táboa está baseada en Feare & Craig (1998). As parénteses indican que o nome científico cambiou e non é o orixinal. Subespecies Autoridade Dsitribución Comentarios S. v. vulgaris Linnaeus, 1758 A maioría de Europa, excepto a parte máis ao noroeste e máis ao suroeste; tamén Islandia e as illas Canarias A subespecie nominal. S. v. faroensis Feilden, 1872 Illas Faroe Lixeiramente máis grande que a nominal, especialmente no peteiro e pés. O adulto coa súa cor máis escura e brillo verde máis apagado e con moitas menos pintas incluso en plumaxe nova. Os xoves son de cor negra feluxe con queixo e áreas abrancazadas na barriga; gorxa con manchas negras. S. v. zetlandicus Hartert, 1918. Illas Shetland Como a faroensis, pero intermedia en tamaño entre esta e a vulgaris. As aves da illa Fair, St Kilda e as Hébridas exteriores son intermedias entre esta subespecie e a nominal e a situación con vulgaris ou zetlandicus varía de acordo coa autoridade. S. v. granti Hartert, 1903 Azores Como a nominal, pero máis pequena, especialmente nos pés. A miúdo cun forte brillo púrpura nas partes superiores. S. v. poltaratskyi (Finsch, 1878) No leste de Baxkortostán cara ao leste a través dos Urais e Siberia central, ata o lago Baikal e oeste de Mongolia Como a nominal, pero o brillo na cabeza é predominantemente púrpura, con peteiro verde, flancos xeralmente azul purpúreo, e cobertoiras da parte superior das aves verde azuladas. En voo, poden verse beiras cor beixe canela claro moi visibles baixo as cobertoiras das ás e axilares; estas áreas poden parecer moi claras en plumaxe recente. S. v. tauricus Buturlin, 1904 Desde Crimea e leste do río Dniéper cara ao leste arredor das costas do mar Negro ata o oeste de Asia Menor. Non aparece en terras altas, onde é substituída pola subespecie purpurascens Como a nominal, pero claramente con ás máis longas. O brillo da cabeza é verde, e o corpo púrpura broncíneo, os flancos e cobertoiras da parte superior da á de cor bronce verdoso. A parte inferior da á ten bordos claros nas cobertoiras. Case sen pintas en plumaxe reprodutor. S. v. purpurascens Gould, 1868 Leste de Turquía ata Tibilisi e o lago Sevan, en terras altas nas costas orientais do mar Negro substituíndo á subespecie tauricus Como a nominal, pero con ás máis longas e o brillo verde restrinxido ás cobertoiras do oído, pescozo e parte superior do peito. No resto do corpo ten brillo púrpura excepto nos flancos e cobertoiras das aves superiores, onde son máis broncíneos. Parte inferior da á escura con beiras brancas finas nas cobertorias. S. v. caucasicus Lorenz, 1887 Delta do Volga a través do leste do Cáucaso e áreas adxacentes Brillos verdes na cabeza e brillo púrpura negro no pescozo e barriga, máis azulada nas cobertoiras das ás superiores. A parte de debaixo das ás igual que en purpurascens. S. v. porphyronotus (Sharpe, 1888) No oeste de Asia central, graduándose en poltaratskyi entre Dzungarian Alatau e montañas Altai Moi similar á tauricus, pero é máis pequeno e completamente alopátrico, e están separados pola purpurascens, caucasicus e nobilior. S. v. nobilior (Hume, 1879) Afganistán, sueste de Turkmenistán e zonas adxacentes de Uzbekistán ata o leste de Irán Como a purpurascens, pero máis pequeno e ás máis curtas; as cobertoiras do oido teñen brillo púrpura e o brillo das partes inferiores e superiores das aves bastante avermelladas. S. v. humii (Brooks, 1876) De Caxemira ao Nepal Pequena; brillo púrpura restrinxido na área do pescozo e ás veces dos flancos ás cobertoiras da cola, e noutras partes con brillo verde. É ás veces tratada baixo o nome indicus dado por Hodgson.Esta forma foi descrita por Hodgson como S. indicus na obra de Gray Zoological Miscellany de 1831, e pode ter prioridade taxonómica sobre humii.Gray (1831) p. 84.Rasmussen & Anderton (2005) p. 583. S. v. minor (Hume, 1873) Paquistán Pequena; brillo verde restrinxido na cabeza e parte inferior da barriga e dorso, e no resto con brillo púrpura.

As aves da illa Fair, St Kilda e as Hébridas exteriores son intermedias en tamaño entre S. v. zetlandicus e a forma nominal, e a súa situación como subespecie varía de acordo coa autoridade. Os xoves escuros típicos destas formas das illas encóntranse ocasionalmente no resto de Escocia e noutras partes, o que indica algún fluxo xénico desde a faroensis ou a zetlandicus, subespecies antes consideradas illadas.Neves (2005) pp. 63–73.Parkin & Knox (2009) pp. 65, 305–306.

Nomeáronse outras subespecies máis, pero xeralmente xa non son consideradas válidas. A maioría son intergraos que aparecen onde se solapan as áreas de distribución de varias subespecies. Estas inclúen: S. v. ruthenus Menzbier, 1891 e S. v. jitkowi Buturlin, 1904, que son intergraos entre vulgaris e poltaratskyi do oeste de Rusia; S. v. graecus Tschusi, 1905 e S. v. balcanicus Buturlin e Harms, 1909, intergraos entre vulgaris e tauricus do sur dos Balcáns ata o centro de Ucraína e a través de Grecia ata o Bósforo; e S. v. heinrichi Stresemann, 1928, un intergrao entre caucasicus e nobilior do norte de Irán. S. v. persepolis Ticehurst, 1928 do sur de Irán (provincia de Fars) é moi similar a S. v. vulgaris, e non está claro se é unha poboación residente diferente ou simplemente se trata de migrantes procedentes do sueste de Europa.

Descrición

miniatura|Un xove pousado nunha mesa en Londres. A súa plumaxe é principalmente marrón cincenta.