Jovanka Broz, nada en Udbina o 7 de decembro de 1924 e finada en Belgrado o 20 de outubro de 2013, foi unha partisana e primeira dama de Iugoslavia entre 1953 e 1980 como dona de Josip Broz Tito.

Traxectoria miniatura|esquerda|Jovanka como partisana Naceu na aldea de Pećane no concello de Udbina, unha zona de maioría serbia en Croacia. Seus pais, serbios, eran Mićo Budisavljević e Milica Svilar. Con 17 anos incorporouse á Liga da Mocidade Comunista de Iugoslavia e á loita partisana"Tito's widow, Jovanka Broz, dies in Belgrade, aged 88". BBC, 20 de outubro de 2013 contra dos alemáns e os seus gobernos aliados na zona. En 1943 ferírona nunha perna, e nese ano asasinaron a seu irmán, Maksim, e morreu seu pai. En 1944 estivo como enfermeira no hospital de DrvarJože Pirjevec (2018) Tito and His Comrades Madison:University of Wisconsin Pres, p. 423 (publicado orixinalmente como Tito in tovariši en 2011) durante o asalto alemán á localidade e logo no hospital do Primeiro Exército. En 1945 destinárona á oficina do Mariscal, como parte do persoal que controlaba o estado da comida e da hixiene, a partir de 1946 converteuse na secretaria persoal de Tito. O 15 de abril de 1952 casou en segredo con Tito, aínda que non se fixo pública a súa condición de primeira dama ata o 10 de setembroJože Pirjevec (2018) Tito and His Comrades Madison:University of Wisconsin Pres, p. 425 durante unha visita oficial do ministro de asuntos exteriores británico Anthony Eden. Logo da morte de Tito, retirouse da vida pública.

Notas

Categoría:nados en 1924 Categoría:Finados en 2013 Categoría:Nados no condado de Lika-Senj Categoría:Parellas de xefes de estado e de goberno Categoría:Serbios de Croacia