Collocalia é un xénero de aves da subclase das neornites, infraclase dos neognatos (clado dos cipselomorfos), orde dos apodiformes, familia dos apódidos, e tribo dos colocaliinos, coñecidas como salanganas.
Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1840 polo zoólogo inglés, especializado en ornitoloxía, George Robert Gray, na páxina 8 da súa obra A list of the genera of birds, with an indication of the typical species of each genus, compiled from various sources.A list of the genera of birds, with an indication of the typical species of each genus, compiled from various sources. London: Richard and John Taylor. Consultado o 30 de setembro de 2019Ler a páxina 8.
Etimoloxía O nome Collocalia está formado polos elementos do latín científico collo- e -calia, ambos os dous tirados do grego antigo. O primeiro é unha adaptación do grego κολλo-, derivado de κόλλα kólla, "goma", "cola" (de pegar),coll-, collo- no Merriam-Webster Unabriged Dictionary. e o segundo de καλιά kaliá, "niño".Collocalia, no Merriam-Webster Unabriged Dictionary.
Especies Até hai poucos anos moitos autores recoñecían as seguintes catro especies no xénero: Collocalia dodgei Richmond, 1905 Collocalia esculenta (Linnaeus, 1758) Collocalia linchi Horsfield & Moore, 1854 Collocalia troglodytes G. R. Gray, 1845
Porén, esta clasificación está moi cuestionada por moitos autores.
Por exemplo, a Animal Diversity Web só considera tres especies,Collocalia. Clasification. na ADW. as mesmas que o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS).O ITIS é unha asociación de axencias estadounidenses, canadenses e mexicanas e outras organizacións e especialistas en taxonomía. É socio de Species 2000 e do Global Biodiversity Information Facility. A asociación ITIS e Species 2000 Catalog of Life considérase a si mesmma como a columna vertebral taxonómica da Encyclopedia of Life. Conta co apoio da Smithsonian Institution., este engadindo numerosas subespecies:Collocalia G. R. Gray, 1840 no ITIS. Consultado o 30 de setembro de 2019. Collocalia G. R. Gray, 1840 Collocalia esculenta (Linnaeus, 1758) Collocalia linchi Horsfield & Moore, 1854 Collocalia troglodytes G. R. Gray, 1845
En 1970 R. K. Brooke estudou a división das salanganas, baseada esencialmente na capacidade de ecolocalización. As especies de Aerodramus posúen esta capacidade, e Brooks suxiriu que as especies de Collocalia non. Pero en 2004 demostrouse claramente que a especie Collocalia troglodytes (a salangana anana) ten a capacidade de ecolocalización. Polo tanto, esta propiedade perdeu a súa destacada importancia para distinguir entre os xéneros Aerodramus e Collocalia. Un grupo de investigación dirixido por Henri Thomassen suxeriu en 2005 que a ecolocalización da salangana anana foi causada por evolución converxente. Aínda que a monofilia de Aerodramus e Collocalia tamén se utilizou nestes estudos, os autores consideraron que todas as salanganas deberían reunirse nun só xénero, xa que agora non hai unha característica externa clara para discriminalas.Henri A. Thomassen, Robert-Jan den Tex, Merijn A. G. de Bakker & G. David E. Povel (2005): "Phylogenetic relationships amongst swifts and swiftlets: A multi locus approach". Molecular Phylogenetics and Evolution 37: 264–277. (Amplo resume). Consultado o 30 de setembrhttps://eol.org/pages/45516375o de 2019.
Finalmente o, Congreso Ornitolóxico Internacional (IOC), organización cuxas decisións seguen a maioría dos ornitólogos, establece na actualidade (2019) a seguinte clasificación do xénero, incluíndo once especies, coas subespecies que se indican:
Collocalia affinis Beavan, 1867 C. a. affinis Beavan, 1867 C. a. elachyptera Oberholser, 1906 C. a. vanderbilti Meyer de Schauensee & Ripley, 1940 C. a. oberholseri Stresemann, 1912 C. a. cyanoptila Oberholser, 1906 Collocalia marginata Salvadori, 1882 C. m. septentrionalis Mayr, 1945 C. m. marginata Salvadori, 1882 Collocalia isonota Oberholser, 1906 C. i. isonota Oberholser, 1906 C. i. bagobo Hachisuka, 1930 Collocalia sumbawae Stresemann, 1925 C. s. sumbawae Stresemann, 1925 C. s. sumbae Schodde, Rheindt & Christidis, 2017 Collocalia neglecta G. R. Gray, 1866 C. n. neglecta G. R. Gray, 1866 C. n. perneglecta Mayr, 1944 Collocalia esculenta (Linnaeus, 1758) C. e. minuta Stresemann, 1925 C. e. esculenta (Linnaeus, 1758) C. e. manadensis Salomonsen, 1983 C. e. spilura G. R. Gray, 1866 C. e. amethystina Salomonsen, 1983 C. e. numforensis Salomonsen, 1983 C. e. nitens Ogilvie-Grant, 1914 C. e. misimae Salomonsen, 1983 C. e. tametamele Stresemann, 1921 C. e. stresemanni Rothschild & Hartert, 1914 C. e. heinrothi Neumann, 1919 C. e. spilogaster Salomonsen, 1983 C. e. hypogrammica Salomonsen, 1983 C. e. lagonoleucos Schodde, Rheindt, & Christidis, 2017 C. e. becki Mayr, 1931 C. e. makirensis Mayr, 1931 C. e. desiderata Mayr, 1931 Collocalia uropygialis G. R. Gray, 1866 C. u. uropygialis G. R. Gray, 1866 C. u. albidior Salomonsen, 1983 Collocalia dodgei Richmond, 1905 Collocalia linchi Horsfield & Moore, 1854 C. l. ripleyi S. Somadikarta, 1986 C. l. linchi Horsfield & Moore, 1854 C. l. dedii S. Somadikarta, 1986 Collocalia natalis Lister, 1889 Collocalia troglodytes G. R. Gray, 1845
A Encyclopedia of Life admite as once especies citadas na lista do IOC:Collocalia, G. R. Gray 1840
Distribución As especies deste xénero habitan no sueste asiático e na Melanesia.Ver Collocalia na páxina Order Apodiformes na IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 29 de setembro de 2019
Rexitro fósil Un fragmento fósil do mioceno temperán do xacemento de Riversleigh, en Australia foi descrito como Collocalia buday. Ademais encontrouse unha ulna dereita no río Manuherikia en Otago, Nova Zelandia, que data do mioceno temperán ao medio, hai de 19 a 16 millóns de anos,Worthy, Trevor H.; Tennyson, A. J. D.; Jones, C.; McNamara, J. A. & Douglas, B. J. (2007): "Miocene waterfowl and other birds from central Otago, New Zealand". Journal of Systematic Palaeontology 5 (1): 1-39. e que probabelmente pertenza a Aerodramus.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Chantler, Phil & Gerald Driessens (2000): A Guide to the Swifts and Tree Swifts of the World. Mountfield: Pica Press. ISBN 1-8734-0383-6. Dickinson, E. C. & Remsen Jr., J. V. (2013): The Howard and Moore Complete Checklist of the Birds of the World. Volume 1 Non-passerines, 4th Edition. Eastbourne, U.K.: Aves Press. ISBN 978-0-9568-6112-2. Hoyo, Josep del; Andrew Elliott, Jordi Sargatal & Nigel J. Collar (1999): Handbook of the Birds of the World, Vol. 5: Barn Owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2. Mayr, Ernst & Jared M. Diamond (2001): The Birds of Northern Melanesia. Oxford, UK: Oxford University Press. ISBN 978-0-1951-4170-2. Rheindt, F. E., et. al. (2017): "Speciation in Indo-Pacific swiftlets (Aves: Apodidae): integrating molecular and phenotypic data for a new provisional taxonomy of the Collocalia esculenta complex. Zootaxa 4250 (5): 401-433. (Resume).
Outros artigos Apodiformes Apódidos Collocaliini
Ligazíons externas Collocalia. Clasification. na ADW. Collocalia, G. R. Gray 1840 na EOL. Collocalia Gray 1840 en Fossilworks.
Categoría:Apódidos