miniatura|Abdullah Sa'di miniatura|Tumba de Saadi dende o ceo (2014) Musharrif al-Dīn ibn Muṣlih al-Dīn, coñecido como Sa'dī, tamén escrito Saadi (en persa سعدی), nado en Xiraz pouco despois de 1200 e finado na mesma cidade entre 1290 e 1294,Katouzian, Sa'di, p. 10. é un dos principais poetas persas do período medieval, recoñecido non só pola calidade da súa escritura, senón pola profundidade da súa sensibilidade social.

Traxectoria Nativo de Xiraz (Persia), Saadi abandonou a súa cidade natal a temperán idade para estudar literatura árabe e ciencias islámicas en Bagdad, entre 1195 e 1226.

As condicións de inestabilidade que seguiron á invasión mongol levárono a viaxar por Anatolia, Siria, Exipto e Iraq. Tamén refire na súa obra viaxes a India e Asia central. A experiencia de Saadi é similar á de Marco Polo, quen estivo pola rexión entre 1271 e 1294. Hai non obstante unha diferenza entre ambos: mentres que Marco Polo se relacionou especialmente cos poderosos e a "boa vida", Saadi conviviu coa xente ordinaria, sobreviventes do holocausto mongol. Reuniuse a altas horas da noite intercambiando ideas con mercadores, granxeiros, relixiosos, camiñantes, ladróns e mendigos sufís. Durante vinte anos ou máis, continuou a mesma rutina de sermóns, advertencias, aprendizaxe, perfeccionando a súa dialéctica e puíndola en xemas que iluminasen a sabiduría e as debilidades do seu pobo.

Cando reapareceu na súa nativa Xiraz era xa un home vello. A cidade, baixo o goberno de Atabak Abubakr Sa'd ibn Zangy (1231-60) gozaba dun período de relativa tranquilidade. Saadi non só foi benvido, senón que logrou o respecto do gobernante e foi designado entre os grandes da provincia. En resposta, Saadi tomou o seu nome literario do gobernante, Sa'd ibn Zangi, e compuxo algúns dos máis fermosos panexíricos como xesto inicial de gratitude en favor da casa gobernante e situounos ao inicio do seu Bostan. Crese que pasou o resto da súa vida en Xiraz.

Obra As súas obras máis coñecidas son Bostan (O xardín das froitas) (1257), e Gulistan (O xardín das rosas) (1258). Bostan está escrito completamente en verso, de rima épica e consiste en historias que ilustran apropiadamente as virtudes recomendadas aos musulmáns (xustiza, liberalidade, modestia, satisfacción) así como reflexións sobre a conduta dos derviches e as súas prácticas extáticas.

Gulistan está maioritariamente escrito en prosa e contén historias e anécdotas persoais. O texto está intercalado cunha variedade de poemas curtos que inclúen aforismos, advertencias e reflexións humorísticas. Saadi demostrou unha fonda conciencia sobre o absurdo da existencia humana, ao falar, por exemplo, do destino daqueles que dependían do humor cambiante dos reis en contraste coa liberdade dos derviches.

Para os estudantes occidentais tanto Bostan como Gulistan implican unha atracción especial, mais Saadi é lembrado tamén como un gran creador de panexíricos e obras líricas, autor de odas mestras que retratan a experiencia humana, e tamén por odas singulares lamentando a caída de Bagdad despois da invasión mogol de 1258. A súa produción lírica atópase en Ghazaliyat ("Lírica") e as súas odas en Qasa'id ("Odas"). Tamén produciu un número de escritos en árabe.

A mestura peculiar de cortesía e cinismo, humor e resignación que amosa a obra de Saadi, xunto a unha tendencia a evitar os dilemas difíciles, convérteo para moitos nuns dos escritores máis encantadores da cultura iraniano.

Unha das súas citas máis célebre é "facer ás présas vira en refugallo". Outro poema atópase na entrada do edificio das Nacións Unidas en Nova York, cun chamado a romper todas as barreiras.Biografía de Saadi

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Browne, E.G. (1906, reprinted 1956). Literary History of Persia, volume 2: From Firdawsí to Sa'dí. Cambridge University Press. Chopra, R.M., "Great Poets of Classical Persian", Sparrow Publication, Kolkata, 2014, () Homerin, Th. Emil (1983). "Sa'di's Somnatiyah". Iranian Studies, Vol. 16, No. 1/2 (Winter - Spring, 1983), pp. 31–50. Katouzian, Homa (2006). Sa'di, the Poet of Life, Love and Compassion (A comprehensive study of Sa'di and his works). 2006. Southgate, Minoo S. (1984). "Men, Women, and Boys: Love and Sex in the Works of Sa'di". Iranian Studies, Vol. 17, No. 4 (Autumn, 1984), pp. 413–452. Wickens, G.M. (1985), The Bustan of Sheikh Moslehedin Saadi Shirazi (English translation and the Persian original). 1985. Iranian National Commission for Unesco, No. 46 Rypka, Jan (1968). History of Iranian Literature. Reidel Publishing Company. . Thackston, W. M. (2008). The Gulistan of Sa'di. (Bilingual. English translation, Persian text on facing page). Ligazóns externas The Bustan of Saadi 1911 English edition by A. Hart Edwards The Gulistan of Sa'di The Bustan of Saadi, English translation, 74 p., Iran Chamber Pictures of Sa'di's Tomb in Shiraz "Verses in Persian and Chaghatay" featuring work by Sa'di, c. 1600 Ghazal by Sa'di News story about United Nations "Bani Adam" carpet Bani Adam recited in Persian by Amir H. Ghaseminejad Introduction to the Golestan recited in Persian by Hamidreza Mohammadi

Categoría:Nados en Fars Categoría:Nados no século XIII Categoría:Finados no século XIII Categoría:Escritores de Irán Categoría:Escritores en lingua persa Categoría:Poetas de Persia