A salangana linchi (Collocalia linchi), é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos, unha das catro integradas no xénero Collocalia.

Propia de Sumatra, Xava, Balí e outras illas menores de Indonesia é unha especie arbórea que nidifica en covas.

Taxonomía

Descrición A especie foi descrita en 1854 polos naturalistas Thomas Horsfield e Frederic Moore co nome binomial actual Collocalia linchi.

Subespecies Na actualidade recoñecense as catro subespecies seguintes:Cave Swiftlet (Collocalia linchi) en Handbook of the Birds do the World Alive.Collocalia linchi Horsfield & Moore, 1854 no ITIS. Collocalia linchi dedii S. Somadikarta, 1986. En Balí e Lombok. Collocalia linchi linchi Horsfield & Moore, 1854. En Bawean e Xava. Collocalia linchi ripleyi S. Somadikarta, 1986. Nas montañas Barisan, en Sumatra. Collocalia linchi dodgei Richmond, 1905. No monte Kinabalu (Sabah), no norte de Borneo.

Etimoloxía Para a do xénero, véxase Collocalia

O epíteto específico, linchi, é unha adaptación do nome xavanés da ave.

Nome vulgar En galego o seu nome é salangana lichi.

Características miniatura|180px|Collocalia linchi aniñando nunha cova da illa de Xava. A salangana lichi ten unha lonxitude de 9 a 11,5 cm. A plumaxe das súas partes superiores é de cor negra con brillos azuis, e a das súas partes inferiores gris.

A súa historia na illa Karimata

A pesar de que na actualidade o seu status, segundo a UICN é "pouco preocupante", a especie foi historicamente a fonte da sopa de niño de andoriña, sopa considerada como unha especialidade da gastronomía chinesa,Marcone, Massimo F. (2005): "Characterization of the edible bird's nest the Caviar of the East". Food Research International 38: 1125-1134. na illa Karimata (Indonesia) existiu en tempos unha considerábel poboación de aves desta especie, poboación que recentemente diminuíu até case a súa extinción, debido á sobreexplotación por recolectores non indíxenas que foron chegando desde o continente e illas adxacentes.

Estes niños véndense a 1 400 euros o quilogramo, prezo que ascende a 3 000 euros de comprarse unha vez procesados. Segundo datos oficiais, hai máis de 20 000 recolectores destes niños no sueste asiático, que venden na súa totalidade á China.

Esta poboación recentemente diminuíu até case a súa extinción, debido á sobreexplotación por recolectores non indíxenas que foron chegando desde o continente e illas adxacentes.

Estado de conservación A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais (UICN), tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, a pesar de que a tendencia de poboación parece diminuír, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para aproximarse aos limiares de "vulnerábel", polo que a especie é avaliada como LC (pouco preocupante).BirdLife International (2016): Collocalia linchi na lista vermella da UICN. Versión 2019-2. Consultada o 28 de setembro de 2019.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía del Hoyo, Josep; Andrew Elliott, Jordi Sargatal & Nigel J. Collar (1999): Handbook of the Birds of the World, Vol. 5: Barn Owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2.

Ligazóns externas Collocalia linchi na ADW. Salangana linchi Collocalia linchi Horsfield & Moore, 1854 en Avibase. Cave Swiftlet Collocalia linchi Horsfield & Moore, 1854 na EOL.

Outros artigos Apodiformes Apódidos Colocaliinos

Categoría:Apódidos Categoría:Aves de Asia