O circuíto urbano de Hanoi ( vietnamita:Đường đua phố Hà Nội) é un circuíto de carreiras situado no distrito de Nam Từ Liêm de Hanoi, a capital de Vietnam. É un circuíto de carreiras urbano deseñado para acoller o Gran Premio de Vietnam, unha rolda do Campionato do Mundo de Fórmula Un. O circuíto ten 5´565 km e deseñouno o arquitecto de circuítos Hermann Tilke. O circuíto urbano de Hanoi debuta no calendario de Fórmula Un en .

O circuíto está situado xunto ao Estadio Nacional Mỹ Đình e consta dunha sección de rúa temporal e un deseño construído a propósito que estará aberto ao público unha vez completado. Tamén ten unha das rectas máis longas do calendario de 1´5 km. de lonxitude. A sección construída a propósito inspírase en varios circuítos existentes, incluído o Circuíto de Mónaco, o Circuíto de Suzuka, o Circuíto Internacional de Sepang e Nürburgring "GP-Strecke". Esta filosofía de adaptar curvas doutros circuítos utilizouse anteriormente para realizar o deseño do Circuíto das Américas.

Notas

Véxase tamén

Categoría:Circuítos de Fórmula 1 Categoría:Deporte en Vietnam