Andrea Costas Otero, antes Andrea Otero Costas, e máis coñecida como Andreia Costas, nada en Stockach o 8 de marzo de 1979, é unha escritora, artista do audiovisual e docente galego-alemá.
Traxectoria É artista multidisciplinar. Nada en Stockach, cidade do distrito de Constanza, Baden-Württemberg. Estudou en Braunschweig, Budapest e Barcelona. Docente de deseño audiovisual e fotografía no estado federal Baixa Saxonia (Land Niedersachsen), en Braunschweig e Wolfenbüttel, na Technische Universitat Braunschweig. Grao na HBK (Hochschule für Bildende Künste) de Braunschweig. Alumna de posgrao de Birgit Hein, Mara Mattuschka e Udo Kier.
Participou en diferentes festivais de curtas e multimedia: Linz, Oberhaunsen, Goethe Institut, Hannover, Berlín. En Galicia, presentou a súa obra entre, outros lugares, no cineclube Maruja de Randufe, Tui; no Teatro Gorrilla, Vigo. No 2019, xunto a Carme Nogueira, participou na 2ª sesión do ciclo "Traballadoras da imaxe" no museo MARCO de Vigo.
Leva participado coa súa escrita e poesía en recitais, publicacións e premios: finalista do Premio de Microrrelatos Mulleres Progresistas en 2019 e 2020. Segundo premio microrrelato “Aliteraclara”. Galardón coa publicación no volume “IV Concurso Internacional Ellas”. Gañadora do accésit na sexta edición do Premio de relato Vigo Histórico, mantido pola editorial Elvira.
Obra individual
Narrativa
Corazón de vaca e outras vísceras (2021). Editorial Urutau, Relatos e microrrelatos.
Poesía
Magnolia punk e outras arritmias (2023). A Coruña: Medulia. 92 páxs. ISBN 978-84-19438-30-0.
Obra colectiva/publicacións
Publicación de La Voz de Galicia para a edición dominical do 9 de agosto, certame “Relatos de Verán” selección de “Acne de verán” 2019 VI relatos na rúa. VV. AA. Editorial Elvira “Felicia da Falperra”. Accésit 2019 ISBN 978-84-120562-0-4 Relatos na rúa 7. VV. AA. Editorial Elvira “A resistencia das folerpas do sal”. Finalista 2020 ISBN 978-84-120562-9-7 Relatos na rúa 8. VV. AA. Editorial Elvira “Crónica de un pisito de Vigo” 2021 ISBN 978-84-122609-6-0 II certame GADIS de microrrelato por “Final Feliz”. Finalista na categoría de galego, e selección en categoría de castelán con “Bregar en un mar de ira” e “Aquelarre”. Papel e dixital. Edita Gadisa Retail SLU. Depósito Legal C 135-2021 Microrrelatas. VV. AA. Microrrelatos do primeiro de Outubro en Feminino. Día das escritoras 2021. Servizo de Normalización da Coruña “Facer poesía en Celanova” VV. AA. poemario ilustrado por Baldo Ramos coordinado por Xoán Carlos Domínguez Alberte, da AELG, na Fundación Curros Enríquez. 2022 Celanova. Imprenta Celanova, S.L. ISBN 9788409463954 Escolma poética VV. AA. da 35º Edición do Festival de poesía no Condado. (2023, S. C. D. Condado). Salvaterra.
Premios e recoñecementos
Accésit da VI Edición 2019 do Premio de relato Vigo histórico, coa obra "Felicia da Falperrra", incluída en “Relatos na rúa" 2º premio de “Alitera Clara” do Café Teatro de 4 a 4“Inferno Salgado” 2019
Finalista do VII PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS, coa obra "Matouno o demo e Deus levouno"
Finalista do VIII PREMIO DE MICRORRELATOS MULLERES PROGRESISTAS, coa obra "A fraternidade das bestas"
Seleccionada na VII Edición 2020 do Premio de relato Vigo histórico co relato "A resistencia das folerpas do sal" 1º premio caligrama, poesía visual; I Certame Caligramas Constanza de Castro “O tempo do eurizo tamén pasa” 2021 1º Premio do Certame SNL (Servizo de Normalización Lingüística) cidade da Coruña Microrrelatas: Microrrelato en Feminino "# do eido galego para o mundo enteiro" no 2021 Finalista do II Certame de microrrelatos GADIS por “Final Feliz” no 2021 Finalista, segunda posición, do I Certame dos premios EXERIA microrrelato, Ateneo Atlántico e a Fundación Xoán Piñeiro, “Dous vellos con boina negra” 2021 Selección publicable, do VIII Certame Internacional de Relatos Vigo histórico “Crónica de un pisito en Vigo” 2021 Finalista, segunda posición, do X Certame de microrrelato OZOCOgz, “Acontece no mar véspera de San Xoan” 2022 1º premio do XI Certame de microrrelato OZOCOgz “Botinas de agasalho” 2023 1º premio do IV Certame de Poesía Diversa LGBT+ Compostela 2024 coa obra "Eurídice Dixit"
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas kurzfilmtage (alemán) Mulleres progresistas Entrevista a Andreia Costas en Radio Redondelana que fala do seu libro "Corazón de vaca e outras vísceras". Entrevista a Andreia Costas na TVG na que fala do seu libro "Corazón de vaca e outras vísceras".
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Personalidades do cinema de Galicia Categoría:Feministas de Galicia Categoría:Nados en Stuttgart Categoría:Nados en 1979 Categoría:Nados na diáspora galega