Razia Butt (urdú رضیہ بٹ), nada en Wazirabad o 19 de maio de 1924 e finada en Lahore o 4 de outubro de 2012, foi unha escritora paquistaní en lingua urdú. As súas obras teñen personaxes protagonistas femininas, e foron adaptadas a filmes e series de televisión.
Traxectoria Pasou a súa infancia en Peshawar. A súa primeira publicación foi na década de 1940 nun xornal literario Despois desenvolveu o seu primeiro relato nunha novela Naila. Casou en 1946, e logo duns anos sen publicar retomou a actividade na década de 1950. Ten acreditadas 51 novelas e 350 relatos.
Publicou a autobiografía Bichhray Lamhe.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Razia Butt Razia Butt complete novels in pdf format
Categoría:Nados en 1924 Categoría:Finados en 2012 Categoría:Nados en Rawalpindi Categoría:Escritores de Paquistán Categoría:Escritores en lingua urdú Categoría:Personalidades sen imaxes