O papagaio, subtitulado "xornal para a xente miúda", é unha publicación infantil galega fundada en outubro de 2016 polo deseñador e ilustrador vigués Abraham Carreiro.
Historia e características Combina textos escritos con ilustracións e banda deseñada, e os seus temas principais son a ecoloxía, a ciencia, a historia ou a arte, enfocados ao público infantil. Non contén publicidade, finánciase a través de subscricións anuais e publícase só durante o período lectivo.
O Papagaio foi finalista nos Premios Follas Novas do Libro Galego 2024 na modalidade Premio Promoción da Lectura."Finalistas Premios Follas Novas 2024"
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos As Roladas Vagalume (revista) Lista de publicacións impresas da provincia de Pontevedra Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Xornais de Galicia Categoría:Prensa escrita de Vigo Categoría:Revistas en lingua galega Categoría:Revistas de banda deseñada editadas en Galicia