José Luis Rodríguez Otero, nado en Ponteareas en 1920 e finado en Vigo en outubro de 1995, foi un político e xornalista galego.

Traxectoria Fillo de Ramón Rodríguez Sobral e Dolores Otero Estévez. Estudo o bacharelato no Instituto de Vigo. Alistouse no exército rebelde na guerra civil e despois foi voluntario na División Azul. No franquismo foi nomeado alcalde de Ponteareas en 1948, logo da morte de Manuel Otero Estévez. Foi deputado provincial. Foi correspondente de La Noche en Ponteareas. Foi presidente de Hermandad de Ex-combatientes de Ponteareas.La Noche, 5-3-1959, p. 6. Nos anos oitenta foi xefe territorial de Falange Española de las JONS de Galicia. Finou en Vigo en outubro de 1995.La Voz de Galicia, Vigo, 12-10-1995, L44.

Vida persoal

Casou con Purificación Feijoo Álvarez.

Notas

Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes de Ponteareas Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados en Ponteareas

Categoría:Nados en 1920

Categoría:Finados en 1995

Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes