Hanna K. Korany, (), nada en Kfrashima (distrito de Baabda) en 1870 e finada en Beirut en 1898, foi unha escritora do Imperio Otomán.
Traxectoria
Naceu na rexión do Monte Líbano, no actual Líbano. Educouse en Beirut nunha escola feminina de misioneiros presbiterianos.
En 1891 publicou en lingua árabe o libro Manners and Habits. Escribiu outra novela tamén en árabe, e foi etiquetada de forma prematura como "a George Eliot de Siria" nun xornal estadounidense.
dereita|miniatura|Hanna K. Korany (1895).
En 1893 foi invitada por Bertha Palmer para representar Siria no Congreso Mundial de Mulleres Representativas (World's Congress of Representative Women),, evento relacionado coa Exposición Mundial Colombiana celebrada en Chicago nese ano. Na feira amosou bordados e traballos manuais das mulleres sirias. Escribiu sobre o congreso na revista feminina exipcia Al Fatat, e escribiu o ensaio The Glory of Womanhood para a publicación do Congreso das Mulleres Rematado o Congreso fixo unha xira de conferencias polos Estados Unidos.
En 1894 asistiu á convención anual da National American Woman Suffrage Association en Washington, D. C.,, e falou nunha cea canda a Elizabeth Cady Stanton, Susan B. Anthony, Lillie Devereux Blake e May Wright Sewall. En 1896 estableceu un club de mulleres en Beirut.
Vida persoal En 1887 casou con Amin Effendi Korany.
Notas
Categoría:Nados en 1871 Categoría:Finados en 1898 Categoría:Escritores do Imperio Otomán Categoría:Escritores en lingua árabe Categoría:Nados no Líbano