Ramón Rodríguez Vázquez, nado en Monforte de Lemos o 24 de agosto de 1998, é un futbolista galego. Xoga na demarcación de porteiro e o seu equipo actual é o Atlético Arteixo.

Formado nas categorías inferiores do Deportivo da Coruña, desenvolveu toda a súa carreira deportiva entre a Terceira División e a Preferente. En 2023 proclamouse campión da Copa das Rexións da UEFA coa selección galega.

Traxectoria Natural de Neiras, no concello de Sober, entrou con oito anos no CP Calasancio de Monforte, onde xogou ata 2014 nas súas categorías inferiores.

En abril de 2014 disputou a Oviedo Cup, un torneo de fútbol cadete, co Deportivo da Coruña. Na tempada 2014/15 fichou polo equipo da Coruña e xogou no Xuvenil B, no que comparte titularidade con Javier Tasende.

Na tempada 2015/16 pasou a xogar co Xuvenil A na División de Honra. O 31 de xaneiro de 2016 debutou co Fabril en Terceira división, no partido contra o Alondras CF disputado en Cangas de Morrazo. Nesa tempada, tamén foi convocado por Víctor Sánchez del Amo para o partido do primeiro equipo contra o Sevilla FC no Estadio Ramón Sánchez Pizjuán, xogado o 17 de abril de 2016.

Na tempada 2016/17 xogou novamente no Xuvenil A, aínda que tamén disputou dous partidos co Fabril. Os últimos oito partidos da tempada xogou cedido no xuvenil do Santiago de Compostela CF.

En xuño de 2017 chegou ao UD Somozas da Terceira división, equipo no que xogou cedido polo Deportivo ata xaneiro. De xaneiro a xuño de 2018 xogou cedido no Atlético Arteixo, de Preferente. Na tempada 2018/19 fichou polo Atlético Montañeros, tamén na Preferente, no que destacou por manter a portería a cero varias xornadas consecutivas.

Na tempada 2019/20 fichou polo Club Lemos, equipo que volveu esa tempada a Preferente.

En xuño de 2020 fichou pola SD Fisterra, acabado de ascender a Terceira División. Despois de xogar 6 dos primeiros 11 partidos e non ter continuidade como titular, en xaneiro de 2021 fichou pola SD Dubra, equipo de Preferente.

En xullo de 2021 ficha pola UD Ourense, equipo descendido a tempada anterior a Preferente. Na súa primeira tempada no equipo consegue volver a Terceira Federación. Na tempada 2022/23 clasifícase para o playoff de ascenso a Segunda Federación.

En xuño de 2023 anúnciase o seu retorno ao Atlético Arteixo, equipo da Terceira Federación.

Selección galega Ramón foi convocado coa selección galega en xuvenís de segundo ano e en alevíns de segundo ano.

Copa das Rexións da UEFA En outubro de 2022 foi convocado para os tres partidos que Galicia disputou da fase intermedia da Copa das Rexións da UEFA. Foi titular nos tres, encaixando un único tanto e conseguindo o combinado galego a clasificación para a fase final do torneo.

Na fase final disputada en Galicia en xuño de 2023, Ramón foi titular nos tres encontros do Grupo A no que quedou encadrada a selección galega e que finalizaron con tres vitorias fronte a Irlanda, Zenica-Doboj e Baviera. Tamén foi titular na gran final disputada na Lomba contra Belgrado, na que Galicia se proclamou campioa do torneo.

Equipos AnoClubDivisiónPXGETATV2014-2015 Deportivo Xuvenil BLiga Nacional1617102015-2016 Deportivo Xuvenil ADivisión de honra111710 Deportivo Fabril3ª División13102016-2017 Deportivo Xuvenil ADivisión de honra3600 Deportivo Fabril3ª División2200 Santiago CF XuvenilDivisión de honra814??2017-2018 UD Somozas3ª División3700 Atlético ArteixoPreferente1018002018-2019 Atlético Coruña MontañerosPreferente2226002019-2020 Club LemosPreferente1732212020-2021 SD Fisterra3ª División61200 SD DubraPreferente1218002021-2022 UD OurensePreferente2515202022-20233ª Federación212341 PX: Partidos xogados. GE: Goles encaixados. TA: Tarxetas amarelas. TV: Tarxetas vermellas.

Palmarés Copa das Rexións da UEFA (1): 2023.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Ficha do xogador en lapreferente.com

Categoría:Nados en 1998 Categoría:Nados en Monforte de Lemos Categoría:Futbolistas de Monforte de Lemos Categoría:Gardametas de fútbol Categoría:Xogadores do Deportivo Fabril Categoría:Xogadores da UD Somozas Categoría:Xogadores do Atlético Arteixo Categoría:Xogadores do Montañeros CF Categoría:Xogadores do Club Lemos Categoría:Xogadores da SD Fisterra Categoría:Xogadores da SD Dubra Categoría:Xogadores da UD Ourense Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes