O párroco de Vejlby (en ) é unha novela de crime e misterio escrita en 1829 polo autor dinamarqués Steen Steensen Blicher. A novela está baseada nun caso de asasinato auténtico que ocorreu no ano 1626 na vila de Vejlby, preto de Grenå, en Dinamarca, a cal Blicher coñecía parcialmente a través da Historia da Igrexa Dinamarquesa de Erik Pontoppidan (1741), e en parte a través da tradición oral. O relato tráxico de Blicher foi adaptado ó cinema tres veces por directores dinamarqueses.
Foi traducida ó galego por Alejandro Tobar e foi publicada pola Editorial Hugin e Munin no ano 2019.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Texto orixinal no Arquivo da Literatura Dinamarquesa en liña
Categoría:Obras literarias de 1829 Categoría:Novelas en dinamarqués Categoría:Obras traducidas do dinamarqués ao galego