María Margarita Peregrina Adrio Taracido, nada na Coruña en 1956, e veciña de Pontevedra, é unha avogada e política galega do PSdeG-PSOE. miniatura|Papeleta da circunscrición electoral de Pontevedra para o Senado nas Eleccións xerais de abril de 2019. Traxectoria Filla de Gonzalo Adrio, avogado, e Aurora Taracido, farmacéutica, e neta de Arturo Taracido, político de esquerdas represaliado durante o franquismo, María Margarita é avogada especialista en Dereito de familia. Formou parte do Servizo de Orientación e Asistencia Xurídica Penitenciaria do Colexio Provincial de Avogados de Pontevedra e é membro dunha ONG que presta axuda a reclusos.
A proposta de Roberto Taboada Rivadulla, foi concelleira do Concello de Pontevedra tralas Eleccións municipais de 1991. Nas Eleccións xerais de España de abril de 2019 foi escollida senadora do Senado de España pola Provincia de Pontevedra.Ficha de Senador Senado de España. Repite candidatura nas Eleccións xerais de novembro do mesmo ano.
Imparte a materia de «Deontoloxía, Organización Profesional e Quenda de Oficio» na Facultade de Ciencias Xurídicas e do Traballo da Universidade de Vigo.Persoal Docente e Investigador Universidade de Vigo.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Lista de senadores galegos desde a Transición Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas
Categoría:Avogados da Coruña Categoría:Nados na Coruña Categoría:Nados en 1956 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Políticos do PSdeG-PSOE Categoría:Senadores de España polo PSOE Categoría:Concelleiros de Pontevedra Categoría:Senadores por Pontevedra Categoría:Concelleiros de Galicia polo PSdeG-PSOE Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Profesores da Universidade de Vigo Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (XV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra