O fen (chinés: 分; pinyin: fēn) é unha moeda divisionaria, utilizada no que se coñece como a Grande China, é dicir, a República Popular da China, República da China (Taiwán), Hong Kong (onde se denomina cent, en inglés) e Macau (denominada avo, en portugués)."Fen". En Alfaro Asins, C. et al. (2009)."Fen". En Amandry, M. (2001).
Historia O fen procede dunha anterior unidade ponderal correspondente á centésima parte dun liang.
A súa cuñaxe dentro do sistema do renminbi comezou en 1949 coa equivalencia da centésima parte do yuan ou a décima parte do jiao, aínda que existían emisións previas tanto en moeda metálica como en papel moeda.
Galería Emitíronse moedas de 1, 2 e 5 fen, e tamén billetes de 1, 2, 5, 10, 20 e 50 fen.
Moedas
Billetes e selos
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Renminbi
Bibliografía
Alfaro Asins, C. et al. (2009). Diccionario de numismática. Ministerio de Cultura. Madrid. ISBN 978-84-8181-405-7 Amandry. Dictionnaire de Numismatique. Larousse. París. 2001. ISBN 978-2035050762
Categoría:Moedas da China Categoría:Moedas de Hong Kong Categoría:Moedas de Macau Categoría:Moedas de Taiwán Categoría:Moedas divisionarias