Jaime José Gómez Márquez, nado na Coruña o 1 de xuño de 1957,Jaime Gómez Márquez en El Correo Gallego, 11 de abril de 2010. é un biólogo galego.

Traxectoria Cursou os estudos da licenciatura en Bioloxía na Facultade desta disciplina da Universidade de Santiago de Compostela, alcanzando o título de doutor na mesma Universidade en 1981, coa tese Biología molecular de la timosina: biosíntesis de la timosina a1 a partir de su precursor.

Desde 1981 a 1984 foi Visiting Fellow (profesor visitante) no National Institutes of Health de Bethesda, Maryland, USA,Jaime Gómez Márquez en Linkedin. onde traballou en dous programas de investigación, un deles sobre Herpesvirus e oncoxenes.

En 1984 regresou a Compostela, e desde ese ano até a actualidade, é catedrático de Bioquímica e Bioloxía molecular da Universidade de Santiago de Compostela., onde imparte as materias de Bioquímica e Bioenxeñaría.Profesor Gómez Márquez, Jaime José. USC. Departamento de Bioquímica e Bioloxía Molecular, área de Bioquímica e Bioloxía molecular.

O doutor Gómez Márquez é un experto na bioloxía molecular das timosinas e nos microsatélites do xenoma humano.

Foi secretario e vicedecano da Facultade de Bioloxía da USC e, durante máis de 7 anos, decano da mesma. Ademais, foi durante 6 anos o Coordinador de Bioloxía en Galicia para as PAAU (Probas de Acceso á Universidade).

Como investigador, as súas principais liñas de investigación son a bioloxía molecular das timosinas (protimosina a e timosina ß4) e os microsatélites do xenoma humano (recombinación xenética, G-quadruplex, evolución molecular). Foi o investigador principal de proxectos financiados por diferentes Ministerios, e pola Xunta de Galicia.

Publicou numerosos artigos científicos en prestixiosas revistas. E dirixiu máis dunha ducia de teses de doutoramento.

O doutor Gómez Márquez foi un dos coordinadores do Dicionario de Bioloxía galego-castelán-inglés.Dicionario de bioloxía: galego - castelán - inglés na páxima web da RAG, sendo, ademais, o impulsor da elaboración de dita obra."Presentouse na USC o Dicionario de Bioloxía: galego-inglés-castelán" . USC. Xornal da USC.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Silverio Cañada, ed. (1991): Gran Enciclopedia Gallega. Tomo 32. ISBN 84-7286-318-2.

Categoría:Científicos de Galicia Categoría:Biólogos de Galicia Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1957 Categoría:Nados na Coruña Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes