El Camino: A Breaking Bad Movie (ou sinxelamente El Camino) é un filme estadounidense de 2019 que serve como continuación da serie de televisión Breaking Bad. O creador da serie, Vince Gilligan, escribiu, dirixiu e produciu o filme, e Aaron Paul retomou o seu papel como Jesse Pinkman. O argumento segue os eventos de Pinkman logo do remate da serie. Varios actores, incluíndo Bryan Cranston, Jesse Plemons, Krysten Ritter e Jonathan Banks, retomaron os seus papeis orixinais. El Camino tamén foi o derradeiro filme no que aparece Robert Forster, quen morreu o día da súa estrea.
Rumoreouse un filme de Breaking Bad despois de que a serie rematase no ano 2013. Gilligan propúxolle a idea a Paul en 2017, preto do décimo aniversario de Breaking Bad, e a rodaxe comezou en segredo en Novo México en novembro de 2018, durando uns 60 días. O proxecto permaneceu sen confirmar até agosto de 2019, cando Netflix lanzou un trailer.
El Camino estreouse dixitalmente en Netflix, así como nunha estrea limitada nos cinemas, o 11 de outubro de 2019. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica, que encomiou a interpretación de Paul e considerou o filme como un peche para os seareiros da serie.
Personaxes Aaron Paul como Jesse Pinkman Jesse Plemons como Todd Alquist Krysten Ritter como Jane Margolis Charles Baker como Skinny Pete Matt Jones como Brandon "Badger" Mayhew Scott Shepherd como Casey Scott MacArthur como Neil Tom Bower como Lou Kevin Rankin como Kenny Larry Hankin como Old Joe Tess Harper como Diane Pinkman Michael Bofshever como Adam Pinkman Marla Gibbs como Jean Brendan Sexton III como Kyle Johnny Ortiz como Busboy Robert Forster como Ed Galbraith Jonathan Banks como Mike Ehrmantraut Bryan Cranston como Walter White Todd Terry como SAC Ramey David Mattey como Clarence "Man Mountain" Julie Pearl como Suzanne Ericsen Simon Drobnik como oficial de policía
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Filmes de 2019 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes baseados en series de televisión Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes rodados en Novo México Categoría:Filmes ambientados en 2010 Categoría:Filmes ambientados en Alasca Categoría:Filmes ambientados en Novo México Categoría:Secuelas de filmes dos Estados Unidos de América