Amador Arias Mon, nado na Fonsagrada o 15 de marzo de 1957, é un garda forestal e actor non profesional galego, protagonista do filme O que arde.
A súa filla é a poeta e xornalista Xiana Arias.
Traxectoria Durante a etapa de preprodución do filme de Óliver Laxe O que arde fíxose unha selección de actores en Navia de Suarna. Arias, garda forestal de profesión, achegouse alí interesado pola rodaxe e foi escollido como un dos protagonistas. Arias asistiu á estrea mundial na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Cannes na sección oficial Un Certain Regard o 21 de maio de 2019, onde o filme gañou o premio do Xurado.
Galardóns En novembro de 2019, gañou o premio ó mellor actor no Festival Internacional de Cinema de Tesalónica pola súa interpretación en O que arde.
Foi nomeado ó mellor actor na 18ª edición dos Premios Mestre Mateo por O que arde.
Notas
Categoría:Nados na Fonsagrada Categoría:Actores da Fonsagrada Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Actores de cinema de Galicia Categoría:Nados en 1957