Larry Donnell Nance Jr., nado en Akron, Ohio, o 1 de xaneiro de 1993, é un ex xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos New Orleans Pelicans da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional O 25 de xuño de 2015, Nance foi elixido na 27ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Los Angeles Lakers. O 10 de xullo de 2015, asinou o seu contrato de rookie cos Lakers. Fixo o seu debut na NBA o 6 de novembro de 2015 na vitoria dos Lakers por 104–98 contra os Brooklyn Nets, facendo seis puntos e cinco rebotes.

O 8 de febreiro de 2018, Nance foi traspasado xunto a Jordan Clarkson ós Cleveland Cavaliers, a cambio de Channing Frye, Isaiah Thomas e unha elección da primeira rolda do Draft de 2018. O 15 de outubro de 2018, asinou unha extensión de contrato cos Cavaliers por catro anos e 44.8 millóns de dólares.

O 28 de agosto de 2021, Nance foi traspasado ós Portland Trail Blazers nun traspaso entre tres equipos no que tamén participaron os Chicago Bulls.

O 8 de febreiro de 2022, Nance foi traspasado xunto a CJ McCollum e Tony Snell ós New Orleans Pelicans a cambio de Josh Hart, Nickeil Alexander-Walker, Tomáš Satoranský, Didi Louzada e unha elección da primeira rolda do Draft de 2022.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en Akron, Ohio Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Ala-pivotes de baloncesto Categoría:Pivotes de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Lakers Categoría:Xogadores dos Cleveland Cavaliers Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos New Orleans Pelicans