Sonia Martínez López, coñecida como Sonia Marpez, nada en Sarria en outubro de 1987, é unha fotógrafa e escritora en lingua castelá e lingua galega.
Traxectoria
Tras rematar os seus estudos na Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Santiago de Compostela, trasladouse a Málaga, onde ampliou a súa formación en Historia da Arte.
Coordinou co escritor Gabriel Noguera o monográfico sobre a morte Obituario (2015) e a revista homónima, realizando un total de cincuenta números ao longo de catro anos. Codirixiu igualmente os fanzines Benalzine, MacGuffins, Gorogó e Verdescuro, este último xunto ao autor Jesús Castro. Como fotógrafa ilustrou para diversos medios, libros de poesía e ensaio, entre os que cabe destacar Coordenadas (2017), así tamén revistas como Dorna. Como creadora e xestora cultural foi comisaria en diversas exposicións e participou en varias colectivas e individuais.
Publicacións
En Castelán: Último acto (2017). Ed. Colección Diverso (Plaquette). Demolición (2018). Col. Monosabio, Área de Cultura del Ayuntamiento de Málaga. Sedimento (2019). Huerga y Fierro Editores, Poesía. 94 páxs. ISBN 978-84-120491-3-8.. Adormidera (2022). Maclein y Parker, Poesía. 76 páxs. ISBN 978-84-125030-4-3 Hábito (2023). Ediciones del Genal, Tania Poesía. 38 páxs. ISBN 978-84-19442-89-5. En Galego: Xerminación (2026). Liquen, Colección Espora (Plaquette).
Exposicións
Inmune (2015). Espacio Sonámbula. Madrid. Escala de Grises (2015). Cultumanía. Dulces Dreams. Málaga. Cinza (2015). Dulces Dreams. Málaga. Punto de encuentro (Sonia Marpez e Adriana Schlittler) (2019). Sala Siroco. Madrid. Gaia (Llum A. González e Sonia Marpez) (2019). Codex Cinema. Lugo.
Premios
2015: Obra seleccionada no certame Anónimos 2.3 de Cosmopoética. 2015: Primeiro premio de poesía MálagaCrea, con Escala de grises. 2015: Segundo premio (ex aequo) de poesía Xuventude Crea, Xunta de Galicia, con Interacións fundamentais. 2016: Accésit de poesía "Impresor José Andrade Martín" dos Premios Ateneo-Universidade de Málaga, con Efugio. 2016: Finalista de microrrelato MálagaCrea, con Transubstanciación. 2017: Primeiro premio de poesía Xuventude Crea, Xunta de Galicia, con O abeiro. 2017: Primeiro premio de poesía Jóvenes Creadores do concello de Salamanca, con Subsuelo. 2018: Primeiro premio de microrrelato MálagaCrea, con Red. 2019: Artista seleccionada para participar en UKYA City Takeover: Nottingham 19, con Poetry Partea. 2023: Obra seleccionada para a exposición Horizontes do Centro de Arte Contemporáneo de Vélez-Málaga. 2024: Segundo premio no VI Certame de Microrrelatos Día do Libro do Concello de Vilalba, con Reflector. 2024: Primeiro premio de relato curto no XVIII Certame Literario Terras de Chamoso, con Ariz. 2025: Finalista no VI Premio de Poesía Visual "Paqui Jiménez Yepes".
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Web de Sonia Marpez. Ficha da autora no Centro Andaluz das Letras.
Categoría:Escritores de Galicia en lingua galega Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Poetas de Galicia Categoría:Nados en Sarria Categoría:Nados en 1987 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade de Málaga