Kronos Quartet é un cuarteto de cordas estadounidense fundado polo violinista David Harrington en 1973, e especializado na interpretación de música clásica contemporánea.
O cuarteto traballou con algúns dos principais músicos contemporáneos que se poden adscribir á chamada corrente minimalista, como Philip Glass, Roberto Carnevale, Steve Reich, Terry Riley, Kevin Volans e Café Tacuba. Dentro destes parámetros, a súa obra é bastante ecléctica, e inclúe bandas sonoras para películas, música antiga, música folclórica, jazz e tango.
Historia O cuarteto fundouno o violinista David Harrington en Seattle, Washington. A súa primeira actuación foi en novembro de 1973.Graves, Jen (13 de novembro de 2013). «The Ultimate Collaboration». The Stranger (Seattle, United States). Consultado o 14 de novembro de 2013. Desde 1978, o cuarteto estableceuse en San Francisco, California. A formación de máis longa duración (desde 1978 até 1999) tivo a Harrington e John Sherba no violín, Hank Dutt en vióla e Joan Jeanrenaud ao violoncelo. En 1999, Joan Jeanrenaud abandonou Kronos porque estaba «ansiosa por algo novo»; foi substituída por Jennifer Culp que, á súa vez, foise en 2005 e foi substituída por Jeffrey Zeigler.Templeton, David (Mar 2004). «Flight of Fancy: The sky is the limit for ex-Kronos cellist Joan Jeanrenaud». Strings (String Letter Publishing) 18 (7): 122. «News and Notes: People». Strings (String Letter Publishing) 14 (4): 18. Nov–Dec 1999. En xuño de 2013, Zeigler foi substituído por Sunny Yang.«Kronos Quartet Welcomes New Cellist, Sunny Jungin Yang» . Kronosquartet.org. 28 de febreiro de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2013. Con máis de corenta álbums de estudio no seu haber e en todo o mundo, foron chamados «probablemente o grupo de "música nova" máis famoso do mundo» e foron eloxiados nos estudos filosóficos de música pola inclusión do seu repertorio.McCalla, James (2003). Twentieth-century Chamber Music: Routledge Studies in Musical Genres. Routledge. p. 259. ISBN 978-0-415-96695-5. Bruce Ellis, Benson (2003). The improvisation of musical dialogue: a phenomenology of music. Cambridge University Press. p. 189. ISBN 978-0-521-00932-4.
Para cando o cuarteto celebrou o seu vigesimoquinto aniversario en 1999, tiñan un repertorio de máis de 600 obras, que incluían 400 cuartetos de cordas compostos expresamente para eles, máis de 3000 actuacións, sete primeiros premios ASCAP, Edison Award en música clásica e popular, e vendeu máis de 1,5 millóns de discos.Richardson, Derk (Jan 1999). «Portrait of a Quartet: The Kronos reaps the rewards of 25 years of not fitting the mold». Strings (String Letter Publishing) 13 (5): 49-57.
Membros
David Harrington, violín. John Sherba, violín. Hank Dutt, viola. Sunny Yang, violoncelo.
Antigos membros
Jim Shallenberger, violín (integrante orixinal, 1973-75) Roy Lewis, violín (1975-76) Tim Killian, viola (integrante orixinal, 1973-76) Walter Gray, violoncelo (integrante orixinal, 1973-78) Joan Jeanrenaud, violoncelo (1978-99) Jennifer Culp, violoncelo (1999-2005) Jefrey Ziegler, violoncelo (2005-2013).
Discografía
Álbums
Kronos Quartet Plays Music of Thelonious Monk (1985) Mishima (banda sonora da película homónima, con música composta por Philip Glass, 1985) Terry Riley: Cadenza on the Night Plain (1988) Steve Reich: Different Trains (1989) Black Angels (1990) Astor Piazzolla: Five Tango Sensations (1991) Pieces of Africa (música de sete compositores africanos, 1992) Early Music (Lachrymae Antiquae) (1997) Requiem for a Dream (banda sonora, con música composta por Clint Mansell) Caravan (en colaboración co grupo romaní Taraf de Haïdouks, 2000) Novo (música de compositores mexicanos, como Juan García Esquivel e Silvestre Revoltas 2002) Alban Berg: Lyric Suite (2003; Premio Grammy de 2004) “You've Stolen My Heart” by Kronos Quartet, Asha Bhosle (homenaxe á música do compositor indio Rahul Dev Burman, 2005). The Fountain (banda sonora, con música composta por Clint Mansell, 2006)
Premios Durante a súa carreira teñen recibido importantes premios e distincións internacionais, como o Premio Schock de 1999, outorgado por un comité da Real Academia Sueca de Música e o Premio Grammy do ano 2004 á mellor interpretación de música de cámara.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio oficial da agrupación
Categoría:Grupos musicais de San Francisco Categoría:Música clásica