Alexánder Doval Expósito, nado en Sigüeiro, no concello de Oroso, o 8 de novembro de 1990, é un político e avogado galego pertencente ao Partido Popular de Galicia, alcalde de Oroso dende xuño de 2023.

Traxectoria Fillo de pai periodista e nai economista, neto do músico Ricardo Doval Doldán, propietario da orquestra Los Satélites durante máis de 40 anos.

Licenciado en Ciencias Políticas e da Administración pola Universidade de Santiago de Compostela e en Dereito pola Universidade da Coruña, fixo un mestrado en Asesoría Xurídica de Empresa nesta última universidade e MBA (Master Bussines Administration; Mestrado en Administración de Negocios) no IECE.

Está afiliado ao PPdeG dende o ano 2007 e foi presidente de Novas Xeracións de Galicia en Oroso entre 2008 e 2017, e membro das Xuntas Directivas de Novas Xeracións provincial, rexional e estatal.

En 2011, converteuse en concelleiro en Oroso, e foi o voceiro do PPdeG no concello dende 2015. Tamén en 2011, entrou na dirección provincial do PP.

Nas eleccións municipais de 2023, obtivo unha ampla maioría absoluta recuperando á alcaldía de Oroso, tras algo máis de dúas décadas en mans do PSdeG-PSOE, converténdose en xuño de 2023 en alcalde de Oroso.

Entre outros cargos ostenta o da presidencia da Asociación de Concellos da Vía Verde Compostela-Tambre-Lengüelle, membro da Comisión de Fondos Europeos da FEMP, Vicepresidente da Mancomunidade de Municipios da Comarca de Ordes e membro da directiva da Asociación de Concellos do Camiño Inglés.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Eleccións municipais en Oroso

Categoría:Nados en Oroso Categoría:Nados en 1990 Categoría:Avogados de Oroso Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela Categoría:Alumnos da Universidade da Coruña Categoría:Concelleiros de Galicia polo PPdeG Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Alcaldes de Oroso Categoría:Alcaldes de Galicia polo PPdeG