Ángel Herrera Oria, nado en Santander o 19 de decembro de 1886 e finado en Madrid o 28 de xullo de 1968,García Colorado (2006), p. 1015Sánchez Jiménez (1986), p. 9 foi un xornalista, xurista, político e sacerdote español, nomeado cardeal da Igrexa católica. Xunto con Ángel Ayala, fundou a Asociación Católica Nacional de Propagandistas. Dirixiu o xornal El Debate e adoptou unha postura accidentalista ante a Segunda República Española. Foi un dos representantes do que se coñeceu como "doutrina social da Igrexa".García Colorado (2006), p. 1020

Traxectoria Cursou o bacharelato no colexio xesuíta de Valladolid e estudou Dereito na Universidade de Deusto.García Colorado (2006), p. 1016 En 1907 aprobou a oposición ao corpo de Avogados do Estado e foi destinado a Burgos. Aos sete meses pediu unha excedencia e trasladouse a Madrid para facer o doutoramento en Dereito en 1908.

En 1910 fundou, xunto co sacerdote Ángel Ayala, a Asociación Católica Nacional de Propagandistas (ACNP). En 1911 creou a Editorial Católica, editora dalgúns diarios rexionais e mais da segunda época do xornal El Debate, do que foi director durante 22 anos (1911-1933).

Durante os anos 20 desenvolveu un labor de proselitismo e organización das xuventudes católicas. En 1926 creou a Escola de Xornalismo de El Debate.

Cando se proclamou a II República adoptou como táctica ante o novo réxime a súa teoría do accidentalismo, unha adaptación prudente ante unhas circunstancias adversas. Afirmaba que o importante era o contido e a orientación do réxime, non a forma de goberno. Esta postura creou polémica con outros medios, como o diario ABC, defensor radical da institución monárquica.

Cando se creou Acción Nacional, intentou formar unha poderosa forza de dereitas. Foi renomeada como Acción Popular, por non estar autorizado o emprego do termo nacional para designar institucións ou organismos non estatais. Foi designado o primeiro presidente da súa xunta directiva. Presentouse como candidato ás eleccións a Cortes Constituíntes por Madrid, mais non resultou elixido. Tamén creou a Biblioteca de Autores Cristianos (BAC).

Carreira eclesiástica miniatura|esquerda|Estatua de Herrera Oria en Santander. Seminario e presbiterado En 1933 abandonou a dirección de El Debate e foi nomeado presidente da Xunta Central de Acción Católica. Fundou tamén o Centro de Estudos Universitarios (CEU) e o Instituto Social Obrero. En 1935 dimitiu da presidencia da Asociación de Propagandistas e da dirección da Escola de Xornalismo de El Debate. En 1936, antes do Golpe de Estado do 18 de xullo, marchou a Friburgo, Suíza. Alí comezou a carreira eclesiástica no seminario de San Carlos, e foi ordenado sacerdote o 28 de xullo de 1940.

Volveu a España en 1943, cando foi designado coadxutor da parroquia de Santa Lucía en Santander. Nesta cidade creou un centro de estudo para sacerdotes mozos, do que saíron varios futuros bispos. Desde unha posición indirecta e de forma vocacional continuou na política. En 1945 foi enviado a Roma e a Lausana polo ministro de Asuntos Exteriores, Alberto Martín-Artajo, para sondar a actitude da Santa Sé sobre un hipotético acordo entre o ditador Franco e Juan de Borbón. E a partir desa data, múltiples persoeiros da Asociación Católica Nacional de Propagandistas pasaron a colaborar activamente co réxime franquista.Barreiro Gordillo (2018), p. 682

Episcopado En 1947 foi nomeado bispo de Málaga. Nesta diocese, as súas homilías dominicais reflectían o seu pensamento social, moi influído pola doutrina do papa León XIII. Nesta provincia creou unhas 250 escolas rurais, que alfabetizaron a máis de 25.000 persoas.

Asistiu ao Concilio Vaticano II, en que participou nos debates sobre O esquema da Igrexa e o mundo moderno. Aos 75 anos dimitiu da sé malagueña por petición do papa Paulo VI, quen o nomeou cardeal o 25 de xaneiro de 1965. Tralo seu pasamento, foi soterrado na catedral de Málaga.

Vida persoal Era irmán do escritor e xesuíta Enrique Herrera Oria (1885-1951).

Recoñecementos Periodista de Honor, pola Escola de Xornalismo da Igrexa (1955) A Asociación Católica de Propagandistas (ACdP) dedicoulle a exposición itinerante "Herrera Oria, su tiempo y su obra. Una vida al servicio del bien común", que visitou varios episcopados En Madrid levan o seu nome unha avenida e unha estación de metro Un dos principais colexios diocesanos de Málaga, adxacente ao seminario, leva o nome de Cardenal Herrera Oria

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Herrera Oria, Ángel: Obras completas (9 vols., edición de José Luis Gutiérrez García), Madrid: Biblioteca de Autores Cristianos, 2002-2009.

Ligazóns externas Web Site do documental Ángel Herrera Oria: un apóstol en la vida pública

Catholic hierarchy Biografía en ACdP Biografía na Fundación Pablo VI, Pontificia Universidad de Salamanca

Categoría:Cardeais de España Categoría:Bispos católicos de España Categoría:Xornalistas de Cantabria Categoría:Políticos de España Categoría:Nados en Santander Categoría:Nados en 1886 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Alumnos da Universidade de Deusto Categoría:Participantes no Concilio Vaticano Segundo