O bus Dong Fang Hong 3 (abreviadamente DFH-3), homónimo ó dos satélites DFH-3, é un tipo de bus para satélites fabricado en China.
Características O bus DFH-3 está pensado para satélites de comunicacións na órbita xeoestacionaria e estabilizados nos tres eixos, aínda que pode ser adaptado para satélites noutras órbitas ou incluso sondas de espazo profundo. Ten unha estrutura hexahédrica dividida en tres módulos: propulsión, servizo e comunicacións, e antenas de comunicación e paneis solares. O bus está composto tamén por sete subsistemas: estrutura, control, enerxía, telemetría e seguimento, propulsión, control térmico e comunicacións. Hai tres versións do bus, cada un con características melloradas: DFH-3, DFH-3A e DFH-3B.
Especificacións técnicas DFH-3 Dimensións: 2,20 m x 1,72 m x 2,00 m Masa: 2320 kg Carga útil: 230 kg Potencia eléctrica: 1700 W Consumo máximo da carga útil: 1000 W Tempo de vida: 8 anos
DFH-3A Dimensións: 2,40 m x 1,72 m x 2,20 m Masa: 2740 kg Carga útil: 360 kg Potencia eléctrica: 4000 W Consumo máximo da carga útil: 2500 W Tempo de vida: 12 anos
DFH-3B Dimensións: 2,20 m x 2,00 m x 3,10 m Masa: 2740 kg Carga útil: 360 kg Potencia eléctrica: 4000 W Consumo máximo da carga útil: 2500 W Tempo de vida: 12 anos
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dong Fang Hong 3 Dong Fang Hong 4 (bus) Dong Fang Hong 5 (bus)
Categoría:Satélites artificiais