O bus Dong Fang Hong 4 (abreviadamente DFH-4) é un tipo de bus para satélites fabricado en China.

Características O bus DFH-4 está pensado para satélites de comunicacións de alta capacidade na órbita xeoestacionaria e estabilizados nos tres eixos. Desenvolvéronse dúas versións do bus: DFH-4E, unha versión de máis capacidade, e DFH-4S, específica para cargas máis modestas. O bus foi desenvolvido pola Chinese Aerospace Corporation (CASC) con colaboración europea. O bus pódese equipar cunha variedade de transpondedores en banda C, Ku e L, con sistemas multifeixe. O sistema de propulsión do bus é bipropelente.

Especificacións técnicas DFH-4 Dimensións: 2,360 m x 2,100 m x 3,600 m Carga útil: 600 kg Potencia eléctrica: 10.500 W Consumo máximo da carga útil: 8000 W Tempo de vida: 15 anos

DFH-4E Masa: 2700 kg Carga útil: 800-1000 kg Potencia eléctrica: 13.500 W Consumo máximo da carga útil: 10.000 W Tempo de vida: 15 anos

DFH-4S Masa: 1590 kg Carga útil: 450 kg Potencia eléctrica: 7800 W Consumo máximo da carga útil: 4000 W

Notas

Véxase tamén Outros artigos Dong Fang Hong 3 (bus) Dong Fang Hong 5 (bus)

Categoría:Satélites artificiais