La Pianiste é un filme franco-austríaco do ano 2001 dirixido por Michael Haneke e protagonizado por Isabelle Huppert e Benoît Magimel. O guión, escrito polo propio Haneke, é unha adaptación da novela do mesmo nome de Elfriede Jelinek, gañadora do Premio Nobel de Literatura no ano 2004.

Foi estreada o 14 de maio de 2001 no Festival de Cine de Cannes, onde conseguiu o Gran Premio do Xurado e a súa parella protagonista levou dous premios á mellor interpretación.

Sinopse Erika Kohut é profesora de piano nun prestixioso conservatorio de Viena. Vive coa súa nai, unha muller dominante con quen mantén unha difícil relación de amor-odio. Baixo o seu aspecto serio e disciplinado oculta inesperados comportamentos sexuais de tendencia sadomasoquista. Despois de escoitala tocar nun concerto privado, o xove Walter Klemmer proponse conquistala.

Personaxes

Isabelle Huppert como Erika Kohut Annie Girardot como a nai de Erika Benoît Magimel como Walter Klemmer Susanne Lothar como a señora Schober Anna Sigalevitch como Anna Schober Udo Samel como Mr. Blonskij

Premios e nomeamentos

2001: Festival de Cine de Cannes: Gran Premio do Xurado, mellor actor (Benoît Magimel), mellor actriz (Isabelle Huppert); nomeado á Palma de Ouro. 2001: Premios do Cinema Europeo: mellor actriz (Isabelle Huppert); 4 nomeamentos, incluído mellor filme e mellor guión. 2002: Premios BAFTA: nomeado a mellor filme de fala non inglesa. 2002: Premios César: mellor actriz secundaria (Annie Girardot); nomeada a mellor actriz (Isabelle Huppert). 2002: Festival Internacional de Cine de Seattle: mellor actriz (Isabelle Huppert).

Véxase tamén Outros artigos Filmes de Austria propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 74ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

La pianiste en Rotten Tomatoes

Categoría:Filmes de 2001 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Austria Categoría:Filmes dirixidos por Michael Haneke Categoría:Filmes rodados en Viena Categoría:Filmes ambientados en Viena Categoría:Filmes de Arte France Cinéma