Harry Church Oberholser, nado o 25 de xuño de 1870 en Brooklin, Nova York, e finado o 25 de decembro de 1963 en Cleveland, Ohio, foi un ornitólogo estadounidense.
Traxectoria Harry Oberholser naceu o 25 de xuño de 1870, en Brooklyn, Nova York. Asistiu á Universidade de Columbia e obtivo en 1914 títulos na George Washington University. Casou con Mary Forrest Smith o 30 de xuño de 1914. Oberholser recibiu o doutoramento en 1916.Biografía .
Desde 1895 a 1941, foi empregado do United States Bureau of Biological Survey (Oficina de Investigación Biolóxica dos Estados Unidos) (máis tarde United States Fish and Wildlife Service (Servizo de Peixes e Vida Silvestre dos Estados Unidos) como ornitólogo, biólogo e editor.
En 1941 foi nomeado conservador de ornitoloxía no Museo de Historia Natural de Cleveland.
Oberholser foi o autor de varios libros e artigos. Morreu o 25 de decembro de 1963.
Obras 1905 - Birds of Mt. Kilimanjaro. 1915 - Critical notes on the subspecies of the spotted owl. . 1917 - Birds of the Anamba Islands. 1918 - The birds of the Tambelan Islands, South China Sea . 1918 - The great plains waterfowl breeding grounds and their protection. 1938 - The Bird Life of Louisiana. 1974 - The Bird Life of Texas. ISBN 0-2927-0711-8. 1999 - When Passenger Pigeons Flew in the Killbuck Valley ISBN 1-8886-8396-1.
Taxons descritos A Oberholser débense as primeiras descricións de once familias e subfamilias na clasificación biolóxica, así como 99 xéneros e subxéneros, e 560 especies e subespecies.
Algúns xéneros descritos por Oberholser
Actophilornis, 1925 Aerodramus, 1906 Aphelocephala, 1899 Aphrastura, 1899 Calyptocichla, 1905 Charitospiza, 1905 Claravis, 1899 Cyanerpes, 1899 Horizorhinus, 1899 Neochen, 1918 Nesillas, 1899 Perissocephalus, 1899 Scelorchilus, 1923 Sclateria, 1899 Streptoprocne, 1906 Thescelocichla, 1905 Thryorchilus, 1904
Algunhas especies descritas por Oberholser
Aerodramus elaphrus, 1906 Aerodramus mearnsi, 1912 Aerodramus ocistus, 1906 Acrocephalus orinus, 1905 Charitospiza eucosma, 1905 Falco araea, 1917 Indicator meliphilus, 1905
Epónimo Empidonax oberholseri, un paseriforme da familia dos tiránidos, foi nomeado na súa honra.
Abreviatura A abreviatura Oberholser emprégase para recoñecer a Harry Church Oberholser como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Handbook of Texas: Bibliography: Austin American-Statesman, 29 de setembro de 1974. Who's Who in America, pp. 1948–1949.Online Edition Handbook of Texas. John W. Audrich (1968): "In memorian: Harry Church Oberholser", The Auk, 85: 25–29.Online Edition Auk PDF. Harry Church Oberholser: AutobiographyOnline Autobiography Bo Beolens & Michael Watkins (2004): Whose Bird?: Common Bird Names and the People They Commemorate, Yale University Press. ISBN 978-0-3001-0359-5, p. 256.
Categoría:Científicos dos Estados Unidos de América Categoría:Ornitólogos dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1870 Categoría:Nados en Nova York Categoría:Finados en 1963