Eduardo Quintela Bóveda, nado en San Cristovo de Cea o 13 de outubro de 1891Outras fontes afirman que a data de nacemento é o 5 de xullo: Ferran Sánchez Agustí, El maquis anarquista. e finado en Barcelona en agosto de 1968, foi un policía e represor galego.
Traxectoria Fillo da mestra de Oseira Purificación Bóveda González. Inspector do Corpo Xeral de Policía dende 1917, foi destinado a Barcelona. Durante a Segunda República traballou para Miquel Badia Capell. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi comisario xefe da Sección de Servizos Especiais de Valladolid, onde foi felicitado publicamente en 1937 pola súa tarefa de consolidar a paz pública.Policía del Alzamiento Nacional, 1937-1939, según Julio de Antón
Ao rematar a guerra civil foi destinado a Barcelona, onde traballou con Pedro Polo Borreguero con quen detivo ao asasino Justo Bueno Pérez.La maldición de los hermanos Badia En 1939 detivo os membros da CNT Eliseu Melis Díaz e Antoni Seba Amorós, que actuaron de confidentes para el até que Melis foi asasinado en 1947 por membros da CNT.Assassinat d'Eliseu Melis (12-07-1947), estelnegre.org En 1941 foi nomeado xefe da Brigada de Investigación social, que en 1945 se dividiu en Brigada Político Social e Servizos Especiais. Quintela foi nomeado xefe da Brigada Político-Social de Barcelona.
Unha das súas actuacións máis soada foi abater nun enfrontamento a tiros en xuño de 1948 o anarquista Raúl Carballeira. O 2 de marzo de 1949 o grupo Los Maños liderado por Quico Sabaté e Wenceslao Jiménez Orive intentou un atentado contra el nas rúas Mallorca e Provença de Barcelona, pero non ía no automóbil e en cambio mataron os falanxistas Manuel Piñol Ballester e José Tella Bavoy, xefe de deportes desta organización, e o chofer Antonio Norte Juárez.Atemptat contra Eduardo Quintela Bóveda antropologia.cat Propúxose o obxectivo de acabar co maquis libertario en Barcelona mediante un sistema de delatores e infiltrados que facilitaron a caída de dirixentes como Josep Lluís i Facerias, metrallado no barrio de Sant Andreu del Palomar o 30 de agosto de 1957. Xa xubilado en Galicia, en 1960 volveu co seu can Bloodhound para participar na captura de Quico Sabaté.Francesc Sabaté i Llopart "Quico". La leyenda de un maquis Finou en Barcelona en agosto de 1968.Necrolóxica, La Vanguardia, 10-8-1968, p. 21. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Quintela Bóveda, o asasino de anarquistas, e outras historias de policías El comisario Quintela. La vida secreta de los chacales. Farsa y ocultación de las biografías de torturadores
Categoría:Policías de Galicia Categoría:Nados en San Cristovo de Cea Categoría:Nados en 1891 Categoría:Finados en 1968 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes