miniatura| Hugo II de Borgoña, tamén coñecido como "O Pacífico" Hugo II de Borgoña ou Hugo Borrel, nado en 1084 e finado en 1143, foi duque de Borgoña (1103 - 1142).

Traxectoria Era o terceiro fillo do duque Odón I de Borgoña e da súa esposa Sibila de Borgoña. Era neto por liña paterna do infante Henrique de Borgoña e Sibila de Barcelona, e por liña materna de Guillerme I de Borgoña e Estefanía de Longwy. Matrimonio de descendencia Casou en 1115 con Felicia-Matilda de Mayenne, filla de Bosón I de Turena. Desta unión naceron:

a infanta Anxelina de Borgoña (1116 - 1163), casada ao redor de 1130 con Hugo I de Vaudemont. a infanta Clemencia de Borgoña (1117 -?), casada con Henrique III de Donzy. o infante Odón II de Borgoña (1118 - 1162), duque de Borgoña. o infante Gaultier de Borgoña (1120 - 1180), arcebispo de Besançon. o infante Hugo de Borgoña (1121 - 1171), señor de Navilly. o infante Roberto de Borgoña (1122 - 1140), bispo de Autun. o infante Henrique de Borgoña (1124 - 1170), señor de Flavigny e bispo de Autun. o infante Ramón de Borgoña (1125 - 1156), señor de Grigno e Montpensier. a infanta Sibila de Borgoña (1126 - 1150) casada en 1149 co rei Roxerio II de Sicilia. a infanta Dulce de Borgoña (1128 -?), a infanta Matilda de Borgoña (1130 -?), casada con Guillerme VII de Montpellier. a infanta Arembourge de Borgoña (1132 -?), monxa.

Categoría:Duques de Borgoña Categoría:Nados en 1084 Categoría:Finados en 1143