Francisco Yáñez Brea, nado en Santiago de Compostela o 1 de outubro de 1975, é un enxeñeiro, executivo e escritor galego. Actualmente reside en Vigo.
Traxectoria Formado en Vigo, ingresou na empresa multinacional de compoñentes para automoción Fluid Systems no ano 2004, e dende entón desempeñou distintos cargos de responsabilidade na firma. En 2009 accedeu á dirección da fábrica que a compañía inglesa ten en Galicia. Dende 2018 é titor da aceleradora de start-ups Business Factory Auto BFA.Francisco Yáñez Brea na páxina de bfauto.es
En 2019 pasou a formar parte do comité executivo do clúster da automoción de Galicia CEAGA, colaborando activamente no lanzamento de DIHGIGAL, o primeiro Hub de Innovación Dixital de Galicia, que preside desde maio de 2021.
Obra La Meta es la Industria 4.0: Descubre la tecnología que hace posible la nueva Revolución Industrial (Editorial Kindle, 2017; tamén en inglés, The Goal is Industry 4.0). Las 20 tecnologías clave de La Industria 4.0: El camino hacia la Fábrica del Futuro (Editorial Kindle, 2017; tamén en inglés, The 20 Key Technologies of Industry 4.0 and Smart Factories). Cuentos con Valores (Editorial Kindle, 2017).
Lendas do pasado para educar en valores aos nenos do futuro (Editorial Kindle, 2018). Cambia de rumbo: Eres el capitán de tu destino. Las 7 claves para tener éxito en tus proyectos (Editorial Kindle, 2019). Héroes tecnológicos que van a cambiar el mundo (Editorial Létrame, 2020). Mundo 4.0. El futuro de la sociedad tecnológica (Editorial Marcombo, 2021).
Notas
Véxase tamén Outros artigos Centro de Vigo de PSA Peugeot Citroën
Categoría:Empresarios de Galicia Categoría:Empresarios do sector do automóbil Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1975 Categoría:Escritores de Galicia Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Escritores en lingua galega