O presidente da República Eslovaca (en ) é o xefe de Estado de Eslovaquia e o comandante en xefe das Forzas Armadas Eslovacas.

O presidente é elixido directamente polo pobo cada cinco anos e pode ser elixido un máximo de dous mandatos consecutivos. A presidencia é en gran parte un cargo cerimonial, pero exerce certos poderes limitados. A residencia oficial do presidente é o palacio Grassalkovich en Bratislava.

Historia do cargo O cargo foi establecido pola Constitución de Eslovaquia o 1 de xaneiro de 1993, cando Eslovaquia se separou definitivamente de Checoslovaquia e se independizou. O cargo estivo vacante ata o 2 de marzo de 1993, cando o primeiro presidente Michal Kováč foi elixido polo Consello Nacional da República Eslovaca. Non obstante, en 1998, o Consello Nacional foi incapaz de elixir o sucesor de Kováč. Como resultado, durante medio ano despois de que o mandato de Kováč rematase, o posto estivo vacante. Os deberes e poderes do cargo recaían no entón primeiro ministro e portavoz do Consello Nacional. Para resolver o problema, modificouse a constitución para introducir a elección popular do presidente. Celebráronse eleccións presidenciais en 1999, 2004, 2009, 2014 e 2019 .

A actual presidenta é Zuzana Čaputová, que tomou posesión o 15 de xuño de 2019.

Función e poderes O presidente de Eslovaquia ten un papel limitado na elaboración de políticas, xa que o cargo é en gran parte cerimonial no marco dunha república parlamentaria. Segundo a constitución, o presidente é o representante supremo do estado tanto en Eslovaquia como no exterior.

O presidente representa á República Eslovaca no estranxeiro e conclúe e ratifica os tratados internacionais. Pode delegar no Goberno ou, co consentimento do goberno, en membros individuais da República Eslovaca, a conclusión de tratados internacionais. Historicamente todos os presidentes eslovacos delegaron este poder no goberno.

Entre os poderes constitucionais do presidente figuran nomear e designar ao primeiro ministro. Debido a que o goberno de quen é nomeado primeiro ministro debe recibir un voto de confianza no parlamento, o presidente normalmente nomea o líder do partido ou coalición gañador nas eleccións parlamentarias.

O Presidente ten o poder de nomear tres membros do Consello Xudicial, un membro do Consello de Orzamento, e dous membros do consello do instituto de Memoria da Nación; de outorgar distincións, de nomear o Presidente e Vicepresidente do Tribunal Constitucional da República Eslovaca (de entre os xuíces do Tribunal Constitucional), e de conceder indultos ou liberdade condicional.

O presidente tamén pode vetar calquera proxecto de lei ou proposta do Consello Nacional, agás as modificacións constitucionais. Este veto pódese anular se o Consello Nacional aproba de novo o mesmo proxecto de lei coa maioría de membros do Consello.

O presidente tamén actúa como comandante en xefe das Forzas Armadas de Eslovaquia, pero este papel é cerimonial, porque pola constitución cando o presidente actúa como comandante en xefe a súa decisión só é válida despois de que sexa asinada polo primeiro ministro ou un ministro autorizado polo primeiro ministro, e nestes casos o goberno é responsable da decisión do presidente. O mesmo vale para as amnistías e os nomeamentos de xefes de misións diplomáticas.

Entre os seus outros deberes constitucionais están asinar proxectos de lei para convertelos en leis, nomear ministros por recomendación do primeiro ministro, e nomear varios cargos estatais máis: xenerais, profesores, xuíces, reitores, procuradores...

O presidente ten poder discrecional (pode rexeitar o nomeamento) sobre os nomeamentos dalgúns funcionarios. Por exemplo, houbo casos en que o presidente se negou a nomear vicegobernadores do Banco Nacional de Eslovaquia recomendados polo goberno. Estas accións do presidente foron confirmadas polo Tribunal Constitucional.

En moitos casos, o nomeamento de funcionarios estatais está regulado por outras leis. Por exemplo, o poder do presidente para nomear xuíces constitucionais está limitado á selección de candidatos votados polo Consello Nacional, dos cales o presidente ten que designar a metade. A designación ou a revogación dos xuíces está determinada por decisións do Consello Xudicial, que remite as súas propostas ao presidente.

Os poderes presidenciais aumentan substancialmente na circunstancia especial de que o Consello Nacional aprobe unha moción de censura contra o goberno. En tal caso, moitos poderes executivos do goberno (por exemplo, nomeamento de funcionarios, viaxes estranxeiras, sinaturas de tratados) están suxeitos á aprobación do presidente.

Presidentes da República Eslovaca

Partidos

Presidente Presidencia Partido Elección Cargo anterior 1 221x221px Michal Kováč (1930-2016) 2 de marzo de 1993 - 2 de marzo de 1998 Movemento por unha Eslovaquia Democrática (HZDS) 1993 Presidente da Asemblea Federal da República Federativa Checa e Eslovaca (1992) 2 207x207px Rudolf Schuster (1934 -) 15 de xuño de 1999 - 15 de xuño de 2004 Partido do Entendemento Civil (SOP) 1999 Membro do Consello Nacional (1998–1999) Alcalde de Košice(1994–1999) 3 168x168px Ivan Gašparovič (1941 -) 15 de xuño de 2004 - 15 de xuño de 2014 Movemento pola Democracia (HZD) 2004 Presidente do Consello Nacional (1993–1998) Independente 2009 4 192x192px Andrej Kiska (1963 -) 15 de xuño de 2014 - 15 de xuño de 2019 Independente 2014 Sen cargo electo previo 5 188x188px Zuzana Čaputová (1973 -) 15 de xuño de 2019 - actualidade Eslovaquia Progresista (PS) 2019 Sen cargo electo previo

Presidentes en funcións Nome Mandato Vladimír MečiarIvan Gašparovič 2 de marzo de 1998 - 30 de outubro de 199814 de xullo de 1998 - 30 de outubro de 1998 Mikuláš Dzurinda Jozef Migaš 30 de outubro de 1998 - 15 de xuño de 1999

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Lista de presidentes de Checoslovaquia Lista dos primeiros ministros de Eslovaquia

Categoría:Listas de personalidades da política