Sang Penari é un filme indonesio de 2011 dirixido por Ifa Isfansyah. Baséase na triloxía de novelas Ronggeng Dukuh Paruk escrita por Ahmad Tohari. Está protagonizado por Nyoman Oka Antara e Prisia Nasution e conta a historia dun mozo e a súa amizade coa nova ronggeng da vila.
A segunda adaptación da triloxía Ronggeng Dukuh Paruk, Sang Penari requiriu dous anos de investigación para presentar o contexto histórico máis detallado posible, incluíndo o movemento do 30 de setembro e as accións anticomunistas da época; estes detalles, censurados polo goberno da Nova Orde, son máis explícitos nas novelas. Malia que o filme está ambientado e foi rodado en Purwokerto, Xava Central, ningún dos protagonistas é de orixe xavanesa. Nasution, no seu primeiro papel protagonista, é de orixe batak, mentrs que Antara é balinés.
Dende a súa estrea o 10 de novembro de 2011, Sang Penari foi aclamado pola crítica. Tohari considerouno unha "sublime adaptación da súa obra", mentres que Labodalih Sembiring de Jakarta Globe describiu os elementos socioculturais como propios dunha traxedia shakespeareana. No Festival Indonesio de Cinema de 2011, Sang Penari gañou catro premios, incluíndo o de mellor filme, sobre nove nomeamentos.
Personaxes Prisia Nasution como Srintil Nyoman Oka Antara como Rasus Slamet Rahardjo como Kartareja Lukman Sardi como Bakar Tio Pakusadewo como Sarxento Binsar
Notas
Véxase tamén Outros artigos Filmes de Indonesia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 85ª edición dos Óscar
Bibliografía
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2011 Categoría:Filmes en lingua indonesia Categoría:Filmes en lingua banyumasan Categoría:Filmes de Indonesia Categoría:Filmes dirixidos por Ifa Isfansyah