Aparajito (en ; Ôporajito) é un filme indio de 1956 escrito e dirixido por Satyajit Ray. É a segunda parte da triloxía Apu. É unha adaptación de partes das novelas de Bibhutibhushan Bandopadhyay Pather Panchali (1929) e Aparajito (1932). Comeza xusto despois do remate do filme anterior, Pather Panchali (1955), coa familia de Apu mudándose a Benarés, e conta a vida de Apu dende a súa nenez até a adolescencia no instituto, xusto até a morte da súa nai.

Sinopse En 1920, Apu e os seus pais, que deixaron a súa casa na zona rural de Bengala, instaláronse nun apartamento en Varanasi onde o seu pai Harihar traballa como sacerdote. Harihar avanza nas súas novas actividades: rezar, cantar e oficiar entre os ghats do sagrado río Ganxes. Harihar colle febre e axiña morre e a súa muller Sarbajaya vese obrigada a comezar a traballar como criada. Coa axuda dun tío avó, Apu e a súa nai regresan a Bengala e instálanse na aldea de Mansapota. Alí Apu é aprendiz de sacerdote, mais bota en falta asistir á escola local. Destaca nos seus estudos, impresionando un dignatario visitante, e o director interésase especialmente por el.

Personaxes Pinaki Sen Gupta como Apurba "Apu" Roy (de neno) Smaran Ghosal como Apu (adolescente) Kanu Banerjee como Harihar Roy, pai de Apu Karuna Banerjee como Sarbajaya Roy, nai de Apu Ramani Ranjan Sen como Bhabataran, tío de Sarbajaya Charu Prakash Ghosh como Nanda Babu Subodh Ganguly como Headmaster

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 1956 Categoría:Filmes en lingua bengalí Categoría:Filmes da India Categoría:Filmes dirixidos por Satyajit Ray Categoría:Filmes gañadores do León de Ouro