Alto Asalto é un grupo musical de rap, formado en 2003 en Santiago de Compostela.
Traxectoria O grupo foi creado en 2003, formado orixinalmente por Mou (voz) e Darkrow (DJ). Pouco despois uniuse Ria.jos e marchou Darkrow. Tras pasar un par de DJs pola banda, o posto ocupouno definitivamente Dj Mestre Pi. En 2010 presentaron o seu primeiro EP, Cultura Humana, gravado en Ordes por Mou, de Dios ke te crew, no seu estudio Rapapoulo, e producido por Mou xunto con Hevi, de Malandrómeda. Contiña letras en galego e castelán e contou coas colaboracións de Juanito Broders, Viña, Dj Murdock, Dj Mil e Arma-X. No 2012 gañaron o premio do xurado na categoría de Músicas Urbanas, do concurso Novo Son da Radio Galega así como o concurso de maquetas do festival Brincadeira.
Pasaron 8 anos ata que en 2018 viu a luz o segundo traballo do grupo, o disco Soños e quimeras, con Moudafaka e Riajos GatoPersa como Mcs, Dj Mestre Pi na música e Mou outra vez na produción. A portada foi obra de Miguel Duarte e contaron coas colaboracións de Xenderal e MonStar nas voces e Screwaholic e Deloise nos instrumentos.
En 2019 colaboraron no disco de Dios ke te crew, O ciclo da serpe.
Discografía
2010 - Cultura Humana
2018 - Soños e quimeras
Notas
Véxase tamén Outros artigos Dios ke te crew
Categoría:Grupos musicais de Santiago de Compostela Categoría:Grupos musicais en galego Categoría:Grupos de hip hop de Galicia