Collocalia linchi, coñecida vilgarmente como salangana de Borneo, é unha especie de ave da subclase das neornites, infraclase dos neognatos, orde dos apodiformes, familia dos apódidos e tribo dos colocaliinos,que inclúe ás salanganas, unha das catro integradas no xénero Collocalia.
Endémica do monte Kinabalu de Sabah, no norte de Borneo,Salangana Linchi (dodgei). Collocalia dodgei Richmond, 1905 en AviBase. é unha especie que, como todas as salanganas, se alimenta de insectos que apaña en voo, que se refuxia para descansar e durmir e que nidifica en covas.
Taxonomía Descrición A especie foi descrita en 1905 polo ornitólogo estadounidense Charles Wallace Richmond, co nome actualmente válido, Collocalia dodgei.Ver Collocalia dodgei Richmond, 1905 na páxina Order Apodiformes na IOC World Bird List do Congreso Ornitolóxico Internacional. Versión 9.2. Consultada o 26 de outubro de 2019.
Variacións taxonómicas Algúns autores aínda considérana unha subespecie de Collocalia esculenta ou de Collocalia linchi,Clements, J. F.: eBird/Clements checklist of birds of the world. Cornell Lab of Ornithology. en BioLib.Collocalia linchi dodgei Richmond, 1905] no ITIS. pero en 2008 separouse desta último como especie completa C. dodgei.
Etimoloxías Para a do xénero, véxase Collocalia.
O epíteto específico, dodgei, é en honra a H. D. Dodge, que recolleu un exemplar no monte Kinabalu en Borneo.
Subespecies Non se recoñecen subespecies.
Sinónimos Collocalia esculenta dodgei Richmond, 1905 Collocalia linchi dodgei Richmond, 1905
Características Duns 10 cm de lonxitude, é unha salangana coas ás relativamente curtas e co final da cola cadrada, non fendida. A súa plumaxe é de cor gris brillante a negra brillante nas partes superiores, e as inferores abrancazadas. En comparación con Collocalia esculenta, que tamén se encontra en Borneo, é un pouco máis pequena, e cun brillo verdoso, máis que azulado, e coas plumas sen manchas brancas.
Distribución e hábitat Pode verse principalmente ao redor do macizo do monte Kinabalu, aínda que hai un rexistro da cordilleira Maligan do centro-sur de Sabah. Atopouse aniñando nunha cova a 2 370 m sobre o nivel do mar en Kinabalu.
Estado de conservación Descoñecido. Trátase dunha ave é moi rara e o taxon non o recoñece BirdLife International,Collocalia dodgei en BirdLife International. e, polo tanto, non se menciona na Lista vermella da UICN.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía del Hoyo, Josep; Andrew Elliott, Jordi Sargatal e Nigel J. Collar (1999): Handbook of the Birds of the World, Vol. 5: Barn-Owls to Hummingbirds. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-425-2. del Hoyo, Josep; Nigel J. Collar, David A. Christie, Andrew Elliott e Lincoln D. C. Fishpool (2014): HBW and Birdlife International Illustrated Checklist of the Birds of the World, Volume 1 Non-Passerines. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
Ligazóns externas Salangana Linchi (dodgei). Collocalia dodgei Richmond, 1905 en Avibase. Collocalia dodgei Richmond, 1905 en BioLib.
Outros artigos Apodiformes Apódidos Colocaliinos Collocalia
Categoría:Apódidos Categoría:Aves de Asia Categoría:Animais descritos en 1905