Lost Boys of Sudan é un filme documental estadounidense de 2003 dirixido por Megan Mylan e Jon Shenk. Conta a historia de dous rapaces dinka orixinarios do Sudán, Santino Majok Chuor e Peter Nyarol Dut, que chegan ós Estados Unidos de América por mor da guerra civil do seu país. Os dous rapaces quedaron orfos pola segunda guerra civil sudanesa e sobreviviron ataques de leóns e da milicia até chegar a un campo de refuxiados en Kenya, xunto con milleiros doutros nenos.

O título do documental "Lost Boys of Sudan" foi orixinalmente o nome dado ó grupo de mozos polos traballadores das Nacións Unidas que controlaron a súa fuxida dende o Sudán.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2003 Categoría:Filmes en lingua suahili Categoría:Filmes en lingua árabe Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes en lingua dinka Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes rodados en Houston, Texas