William Robert Ogilvie-Grant, nado o 25 de marzo de 1863 en Easter Elchies, Moray, Escocia, e finado o 26 de xullo de 1924 en Farley Cottage, Reading, Inglaterra, foi un ornitólogo escocés.
Traxectoria Primeiros anos William Robert Ogilvie-Grant foi o segundo fillo do capitán dos 42 Highlanders George Henry Essex Ogilvie-Grant, de Easter Elchies, Craigellachie, Escocia, que, á súa vez, fora o sexto fillo de Francis Ogilvy-Grant, sexto conde de Seafield.Debrett's Peerage and Baronetage, 146th edition, ed. Charles Kidd, David Williamson, Debrett's Peerage Ltd, 2000, p. 1494.
Fixo os seus primeiros estudos na Escola Preparatoria Cargilfield, e despois pasou ao Fettes College, en Edimburgo, onde estudou Zooloxía e Anatomía.
Labor científica En 1882 foi asistente do Museo de Historia Natural de Londres. Alí estudou ictioloxía baixo a supervisión de Albert Günther.
En 1885 foi nomeado temporalmente xefe da sección ornitolóxica durante a viaxe de Richard Bowdler Sharpe á India. Despois permaneceu nese departamento, no que chegou a ser conservador de aves entre 1909 e 1918.
Ogilvie-Grant sucedeu a Bowdler Sharpe como editor do Bulletin of the British Ornithologists' Club, posto que ocupou desde 1904 até 1914.
Ogilvie-Grant realizou moitas viaxes para recolectar espécimes, especialmente a Socotra, Madeira e Canarias.
Vida persoal Ogilvie-Grant casou con Maud Louisa Pechell, filla do almirante Mark Robert Pechell. A parella tivo un fillo e tres fillas. O seu fillo, Mark Ogilvie-Grant, foi diplomático e botánico. A súa filla máis vella, Eleanora (1892-1956), foi a avoa materna de Jane Beuttler, esposa do político Alan Clark.Burke's Peerage, Baronetage and Knightage, 107th edition, 2003, vol. 3, p. 3551
Obras The Expedition to Sokotra. IV Descriptions of three new species of butterflies – Liverpool: Bulletin of the Liverpool Museums, 1899. Arthropoda. Insecta: Lepidoptera - I. Rhopalocera. In: HO Forbes: Natural history of Sokotra and Abd-el-Kuri: Being the report upon the results of the conjoint expedition to these islands in 1898-9, by Mr. W.R. Ogilvie-Grant, of the British Museum, and Dr. H.O. Forbes, of the Liverpool Museums, together with information from other available sources. Forming a monogragh of the islands – Liverpool: Bulletin of the Liverpool Museums, 1903. Exhibition and description of a new subspecies of Grosbeak, Rhynchostruthus percivali yemenensis, from the mountains of S. Yemen – Bulletin of the British Ornithologists' Club, 1913. Report of a new race of Palm Dove – Bulletin of the British Ornithologists' Club, 1914.
Epónimos Na honra de Ogilvie-Grant déuselle o nome científico Hemidactylus granti a unha especie de xecónido endémica de Socotra.Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Grant, W. R. O.", p. 106).
Abreviatura A abreviatura Ogilvie-Grant emprégase para recoñecer a como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Mullens, William Herbert & Harry K. Swann (1923): A Bibliography of British Ornithology. Cornell University. Wheldon & Wesley.
Categoría:Científicos do Reino Unido Categoría:Zoólogos do Reino Unido Categoría:Ornitólogos do Reino Unido Categoría:Nados en Escocia Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1924