Estevo II de Blois, ou polo seu nome completo, Estevo II Henrique, nado c. 1048 e finado o 19 de maio de 1102, foi conde de Blois e Chartres.
Traxectoria Orixes familiares Era fillo de Teobaldo III de Blois, tamén conde de Blois.
Matrimonio e descendencia Casou con Adela de Normandía, unha das fillas de Guillerme I de Inglaterra, ao redor de 1080 en Chartres.
Guillerme de Sully (m. 1150), casado con Einés de Sully. Teobaldo II de Champaña. Odón, que morreu novo. Estevo de Inglaterra, rei de Inglaterra. Lucía-Mahaut. Einés. Lionor de Blois, casada con Raúl I de Vermandois. Alix. Lithuise de Blois. Henrique de Blois, bispo de Winchester. Humberto, que morreu novo.
Primeira Cruzada Estevo II foi un dos líderes da Primeira Cruzada e é coñecido por ter escritas cartas de carácter moi entusiasta á súa muller Adela, nas que se refería ao progreso da cruzada. Foi un dos comandantes da vangarda cruzada durante a batalla de Dorilea o 1 de xullo de 1097. Regresou a casa en 1098, durante o longo cerco de Antioquía e sen ter cumprido o seu voto para chegar a Xerusalén. Foi coaccionado por Adela para realizar unha segunda peregrinación, para o que se incorporou á Cruzada do 1101, de entidade menor que a anterior, xunto con outros que tamén volveran a casa antes do final da primeira. En 1102, Estevo morreu en combate durante a batalla de Ramla, aos cincuenta e sete anos. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Condes de Blois Categoría:Condes de Chartres Categoría:Finados en 1102