Buda az sharm foru rikht (en ) é un filme iraniano de 2007 dirixido por Hana Makhmalbaf.Lidia Louk, "Movie Review: 'Buddha Collapsed out of Shame'" , Epoch Times, 25 de setembro de 2007 O título do filme provén do libro The Buddha Was Not Demolished in Afghanistan, It Collapsed Out of Shame, escrito polo seu pai, Mohsen Makhmalbaf. O filme ten lugar no moderno Afganistán despois da derrota dos talibáns e conta a historia dunha nena afgá de cinco anos que quere asistir a unha escola acabada de abrir. A nena, chamada Bakhtay (Nikbakht Noruz) vive nas covas debaixo dos restos dos Budas de Bamiyán que foron destruídos polos talibáns en 2001. Bakhtay obsesiónase coa idea de asistir á escola mais debe loitar contra unha sociedade influenciada polo estrito control talibán, pola dominación masculina, pola guerra, pobreza e pola violencia.
Personaxes Abdolali Hoseinali como Talib boy Abbas Alijome como Abbas Nikbakht Noruz como Bakhtay
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 2007 Categoría:Filmes en lingua persa Categoría:Filmes en lingua hazara Categoría:Filmes de Irán Categoría:Filmes sobre educación