Alfonso Feijoo García, nado en Donostia o 5 de xaneiro de 1953, é un xogador de rugby retirado, seleccionador español entre 1997 e 1999, e presidente da Federación Española de Rugby dende 2014.
Traxectoria Na súa etapa de xogador defendeu as cores do Club Atlético San Sebastián, do Club de Rugby Cisneros e novamente do Club Atlético San Sebastián, acadando os títulos de liga nos anos 1970, 1976 e 1979. Tamén foi internacional 23 veces coa selección española. No campo ocupaba as posicións de apertura (10) ou primeiro centro (12).
Como seleccionador nacional acadou o obxectivo de clasificar á selección de rugby de España para a Copa do Mundo de Rugby 1999, a única na que ten participado España. Tamén adestrou ó Bera Bera Rugby Taldea co cal acadou o ascenso á máxima categoría e gañou a Copa do Rei de Rugby en 2004.
En 2014 foi elixido para ocupar a presidencia da Federación Española de Rugby nunha situación de profunda crise motivada polas débedas económicas herdadas da anterior xestión de Javier González Cancho, sendo reelixido en 2016 e 2020.
Datos persoais O seu fillo é Pablo Feijoo Ugalde.
Véxase tamén Outros artigos Alfonso Feijóo, nuevo presidente de la Federación Española, artigo de Marca. Dos cuñados y un destino, artigo de El Diario Vasco. Feijoo Alfonso Categoría:Nados en Donostia Categoría:Nados en 1953