The Frogs foi unha banda estadounidense de rock alternativo fundada en 1980 en Milwaukee, Wisconsin, polos irmáns Jimmy e Dennis Flemion. Os dour irmáns compoñían principalmente cancións pop curtas e pegadizas, pero tamén son coñecidos polas súas gravacións caseiras improvisadas realizadas nun estilo cómico, e acotío sobre temas controvertidos como raza, relixión e sexualidade (destacando o homoeroticismo). Unha historia de pelexas obstaculizou a carreira da banda, aínda que conseguiu unha ddevota base de seareiros que incluía a músicos coñecidos que apoiaron o grupo, como Billy Corgan de The Smashing Pumpkins e Eddie Vedder de Pearl Jam.

Discografía Álbums Álbum Ano Selo The Frogs 1988 autoeditado It's Only Right and Natural 1989 Homestead Records My Daughter the Broad 1996 Matador Records Bananimals 1999 4 Alarm Records Racially Yours 2000 4 Alarm Records Hopscotch Lollipop Sunday Surprise 2001 Scratchie Records Squirrel Bunny Jupiter Deluxe 2012 autoeditado Count Yer Blessingsz 2012 autoeditado

Categoría:Grupos musicais de Wisconsin Categoría:Grupos musicais de rock alternativo Categoría:Grupos musicais de lo-fi Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de comedy rock Categoría:Grupos musicais formados en 1980