Bjørn Erlend Dæhlie, nado en Elverum o 19 de xuño de 1967, é un esquiador de fondo retirado e empresario noruegués. Entre 1992 e 1999 gañou a Copa Mundial Nórdica en seis ocasións, finalizando en segundo posto en 1994 e 1998. Dæhlie gañou un total de 29 medallas olímpicos e eno Campionato Mundial entre 1991 e 1999, que o converten no esquiador de fondo máis laureado da historia.

Ademais de ser recoñecido polas súas participacións deportivas, Dæhlie é unha icona cultural norueguesa. Dende a súa retirada, investiu no negocio inmobiliario, que lle deron unha fortuna de máis de 250 millóns de coroas norueguesas, e na moda, cunha empresa propia de indumentaria e accesorios para esquiadores. Aparece frecuentemente na publicidade e mesmo presentou o programa de televisión Gutta på tur.

Comezou a practicar distintos deportes dende pequeno, inclinándose profesionalmente polo esquí por suxestión dun adestrador, a pesar de que desexaba ser xogador de fútbol. A súa primeira aparición olímpica foi nos Xogos Olímpicos de Calgary (1988) como parte do equipo noruegués, onde finalmente non disputou ningún evento, aínda que si lle serviu para dar os primeiros pasos no deporte profesional.http://www.aftenposten.no/fakta/Det-har-gatt-helt-som-smurt-6534883.html Debutou no Campionato Mundial o ano seguinte. As súas primeiras medallas obtívoas nos Xogos Olímpicos de Albertville (1992), con tres ouros.

Resultados olímpicos 12 medallas (8 ouros e 4 pratas)

 Ano  Idade   10 km  Persecución  15 km   30 km   50 km   4×10 km  remudas  1988 20 — — — — 1992 24 4 Ouro Prata Ouro Ouro 1994 26 Ouro Ouro Prata 4 Prata 1998 30 Ouro Prata 20 Ouro Ouro

Resultados no Campionatos do Mundo 17 medallas (9 ouros, 5 pratas, 3 bronces)  Ano   Idade   10 km  15 km clásico   15 km estilo libre   Persecución  30 km  50 km  4×10 km  remudas  1989 21 — 20 —12— 1991 23 9 Ouro — 4 Ouro 1993 25 4 Ouro Ouro Bronce Ouro 1995 27 Prata 5 Prata Prata Ouro 1997 29 Ouro Ouro Prata BronceOuro 1999 31 5 6 Bronce — Prata

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Categoría:Nados no condado de Innlandet Categoría:Nados en 1967 Categoría:Esquiadores de fondo olímpicos de Noruega Categoría:Medallistas olímpicos en esquí de fondo Categoría:Personalidades da empresa Categoría:Esquiadores de fondo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1992 Categoría:Esquiadores de fondo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1994 Categoría:Esquiadores de fondo nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998 Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Noruega Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Noruega Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1992 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1994 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de Inverno de 1998