Gabriel Bibron, nado o 20 de outubro de 1805 en París, e finado o 27 de marzo de 1848 en Saint-Alban-les-Eaux, departamento de Loira, foi un zoólogo francés especializado en herpetoloxía.
Traxectoria Fillo dun empregado do Museo Nacional de Historia Natural de Francia, recibiu formación temperá en historia natural e foi empregado para reunir coleccións de vertebrados en Italia e Sicilia. Formou parte da expedición científica a Morea.
En abril de 1826 casou con Louise Rousseau.
En 1832 coñeceu a André Marie Constant Duméril, converténdose no seu amigo e asistente. Colaborou con el en particular co monumental tratado Erpétologie générale, ou, Histoire naturelle complete des reptiles. 1835–1850, 9 volumes. París: Librairie Encyclopédique de Roret.
Tratou tamén con moitos colegas estranxeiros, entre eles Thomas Bell e John Edward Gray.
Na Erpétologie générale Duméril dedicouse principalmente á descrición dos xéneros, deixando a Bibron a das especies.
En febreiro de 1842 casou por segunda vez con Jeanne Belloc, irmá do pintor Jean-Hilaire Belloc.
Afectado de tuberculose, retirouse en 1845, establecéndose en Saint-Alban, onde morreu aos 42 anos.
Obra Erpétologie générale: ou, Histoire naturelle complete des reptiles. 1835–1850, 9 volumes. (con André Marie Constant Duméril).
Epónimos Bibron foi conmemorado nos epítetos científicos de dez especies de réptiles.Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore, Maryland, USA: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Bibron", p. 25).
Afrotyphlops bibronii, unha serpente cega Atractaspis bibroni, unha serpente velenosa Calliophis bibroni, unha serpente velenosa Candoia bibroni, unha boa Diplolaemus bibronii, un lagarto Enyalius bibronii, un lagarto Eutropis bibronii, un escíncido Liolaemus bibronii, un lagarto Chondrodactylus bibronii, un xeco Pelochelys bibroni, unha tartaruga
Abreviatura A abreviatura Bibron emprégase para recoñecer a Gabriel Bibron como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Jean Lescure & Bernard Le Garff (2006): L'étymologie des noms d'amphibiens et de reptiles. París: Éditions Belin. ISBN 2-7011-4142-7. Peter Uetz (2010): "The original descriptions of reptiles". Zootaxa 2335: 59–68.
Categoría:Científicos de Francia Categoría:Zoólogos de Francia Categoría:Nados en París Categoría:Nados en 1805 Categoría:Finados en 1848