Pain of Salvation é unha banda de metal progresivo sueca liderada por Daniel Gildenlöw, que é o principal compositor, letrista, guitarrista e vocalista do grupo. O son de Pain of Salvation caracterízase por un traballo de guitarra orientado aos riffs, un amplo rango vocal, oscilación entre pasaxes pesados e calmados, harmonías vocais e estruturas complexas, síncopes e polirritmos. Ata a data, cada álbum publicado pola banda foi un álbum conceptual. Liricamente o grupo adoita a abordar cuestións contemporáneas, como sexualidade, guerra, medio ambiente, a natureza de Deus, humanidade e a existencia.
A súa música está fortemente inspirada polos Beatles, Faith No More, Jeff Buckley, Jesus Christ Superstar, e tamén por outros xéneros musicais como jazz, música clásica e música étnica; ás veces tamén poden escoitarse elementos de hip hop, soul e funk nas súas cancións. A banda tamén versionou cancións de Leonard Cohen, Stevie Wonder, Kiss, Lou Reed, Dio, The Moody Blues, The Beatles, Simon & Garfunkel e Elton John.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Entropia 1997 Avalon One Hour by the Concrete Lake 1998 Avalon The Perfect Element, Part I 2000 InsideOut Music Remedy Lane 2002 InsideOut Music BE 2004 InsideOut Music Scarsick 2007 InsideOut Music Road Salt One 2010 InsideOut Music Road Salt Two 2011 InsideOut Music Falling Home 2014 InsideOut Music In the Passing Light of Day 2017 InsideOut MusicPanther2020
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Suecia Categoría:Grupos musicais de metal progresivo Categoría:Grupos musicais de rock progresivo Categoría:Grupos musicais formados en 1984