miniatura| O coitelo de supervivencia ou coitelo polivalente é un coitelo destinado á supervivencia nun ambiente salvaxe, a miúdo en caso de emerxencia cando o usuario perdeu a maior parte do seu equipo principal.

Usos e características As unidades militares equipan con algún coitelo de supervivencia aos pilotos por se o seu avión fose abatido. Pódense empregar para a captura, esfolado, corte de madeira, talla de madeira e outros usos. Son utilizados por cazadores, excursionistas e afeccionados aos deportes ao aire libre. Algúns coitelos de supervivencia son grosos e pesados, mentres que outros son lixeiros ou pregables co fin de aforrar peso e volume como parte dun kit de supervivencia maior. As súas funcións inclúen a miúdo servir de coitelo de caza. As características, como asas ocas que se poderían usar como espazo de almacenamento para mistos ou obxectos pequenos similares, comezaron a gañar popularidade nos anos 80.

Véxase tamén

Outros artigos

Machada

Categoría:Ferramentas Categoría:Armas brancas