Odón I de Tolosa (Eudes na súa forma en francés), nado c. 875 e finado en 919, foi conde de Tolosa e de Rouergue (886 - 919), marqués de Gotia e conde de Albi ius uxoris, é dicir, o da súa muller (860 - 919). Traxectoria Fillo de Ramón I de Tolosa e Berta do Maine. Á morte de Bernardo Plantapilosa no 886, recibiu os condados de Tolosa, Nîmes, Quercy e Roergue que aquel lle usurpara ao seu pai. Casou o ano 860 con Garsenda de Albi, condesa de Albi, filla do conde Armengol de Albi, coa que tivo tres fillos:

Ramón II de Tolosa (861 - 923), conde de Tolosa, que o sucedeu en Tolosa, Albi e Nimes. Armengol de Roergue, (870 - 937), conde de Roergue e Quercy. Garsenda de Narbona e Tolosa (875 - 915), casada con Vifredo II de Barcelona. Sobre as orixes de Garsenda como descendente de Odón e Garsenda de 'Albi, hai discrepancias entre os historiadores. O xenealoxista húngaro Szabolcs de Vajay propuxo, nun artigo publicado en 1980, que a muller do conde Vifredo II de Barcelona era filla do conde Odón I de Tolosa e de Garsenda de Albi. Baseábase en argumentos onomásticos: a coincidencia do nome Garsenda, entre a muller de Vifredo Borrell e a da súa suposta nai, a muller de Odón. Ademais, o nome de Riquilda que a parella condal lle puxo á súa única filla non se coñecía ata ese momento na casa de Barcelona. Vajay atribuía a este nome unha orixe albixense, a liña materna. Pero esta tese sobre a orixe tolosana da condesa Garsenda foi rexeitada por Martin Aurell e Christian Settipani que sosteñen que o nome Riquilda xa fora usado por unha das irmás do conde Vifredo. Garsenda de Albi (860 - 919) foi tía de Borrell II, tamén muller de Odón I de Tolosa, tivo importancia política, xa que foi condesa de Xirona e de Tortosa.

Notas

Categoría:Personalidades sen imaxes Categoría:Nados no século IX Categoría:Finados en 919 Categoría:Condes de Tolosa Categoría:Condes de Rouergue Categoría:Condes de Albi