A comarca do Xallas é unha comarca galega situada na provincia da Coruña cuxa capital é Santa Comba. Pertencen a esta comarca os concellos de Mazaricos e Santa Comba. Ten 391,01 km² e no 2020 tiña 13.203 habitantes. Limita, ao norte, coas comarcas de Terra de Soneira e Bergantiños; ao leste, coas comarcas de Santiago, Ordes e A Barcala; ao sur, coas comarcas de Noia e Muros; e ao oeste, coa comarca de Fisterra. O seu xentilicio é xalleiro/xalleira.
Etimoloxía miniatura|esquerda|Carta xeométrica de Galicia, co topónimo Comarca de Jallas O topónimo Xallas, de orixe discutida, aparece durante a Idade Media referido a diferentes elementos xeográficos da zona. A primeira mención recollida, durante o reinado de Afonso IX, é a vila de Ialles de Alcayaa, actual Xallas de Castriz. O nome Xallas pasaría logo a denominar o territorio da vila e finalmente o río, coñecido como río Ézaro. Este topónimo mantívose para o seu tramo final ata o século XX.
Demografía
Padrón municipal 2020 13.203 habitantes Menores de 15 anos 1.266 (9,59 %) Entre 16 e 64 anos 7.623 (57,74 %) Maiores de 65 anos 4.314 (32,67 %)
Galería de imaxes Vexa o artigo principal en Galería de imaxes da comarca do Xallas
Notas
Xallas, Comarca do Categoría:Topónimos de comarcas galegas con etimoloxía